miniatura|Parte da familia de foguetes Delta. No diagrama móstranse as diferentes versións dos foguetes Delta II, Delta III e Delta IV. Delta é o nome dunha familia de foguetes espaciais estadounidenses que ten súa orixe no mísil Thor, desenvolvido a finais da década de 1950.

Historia O predecesor da familia Delta, o mísil balístico de alcance medio Thor, comezou como un proxecto iniciado en decembro de 1955. A idea era crear un mísil con compeñentes xa existentes. Tralo seu desenvolvemento e o lanzamento do Sputnik 1 por parte de Unión Soviética, comezouse a modifica-lo Thor para o seu uso como lanzador espacial. Unha das primeiras medidas foi acoplarlle unha etapa superior Able. Unha das desventaxas do Thor era o seu baixo cocente impulso/masa, que limitaba o posible aumento da carga útil ou o uso de maiores etapas superiores. O problema foi solucionado usando foguetes aceleradores de propelente sólido Castor para aumentar a carga lanzable. Sucesivas melloras converteron o Thor no foguete Delta cara mediados da década de 1970. Centos de lanzamentos despois, a familia Delta é unha das máis exitosas e fiables no campo do acceso ó espazo para cargas medias.

A configuración dos foguetes Delta codifícanse mediante catro díxitos:

O primeiro indica a configuración básica do lanzador. Ata 2004 a definición do díxito era a seguinte: 0: aceleradores Castor 2 e tanque principal Thor alongado co motor MB-3. 1: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado estendido co motor MB-3. 2: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado estendido co motor RS-27 (derivado dos excedentes de motores H-1 do Saturno IB). 3: aceleradores Castor 4 e tanque principal alongado estendido co motor RS-27. 4: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estendido co motor MB-3. 5: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estendido co motor RS-27. 6: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado estraestendido co motor RS-27. 7: aceleradores GEM-40 e tanque principal alongado estraestendido co motor RS-27. 8: aceleradores GEM-46 e tanque principal alongado estraestendido reforzado para o Delta III co motor RS-27A. 9: aceleradores GEM-60 e tanque principal crioxénico para o Delta IV co motor RS-68.

Tras 2004 a definición do díxito revisouse do seguinte xeito:

miniatura|Lanzamento dun Delta IV Heavy.

2: primeira etapa do Delta I (correspondente ás anteriormente coñecidas como serie Delta 6000 e Delta 7000). 3: primeira etapa do Delta III (anteriormente coñecida como serie Delta 8000). 4: primeira etapa do Delta IV (anteriormente coñecida como serie Delta 9000).

O segundo díxito indica o número de foguetes aceleradores de propelente sólido: 0, 3 ou 9 para os foguetes anteriores ó Delta IV, e 0, 2 ou 4 para o Delta IV. O terceiro díxito indica o tipo de segunda etapa:

0: segunda etapa con propelentes almacenables co motor da serie AJ10-118. 1: segunda etapa con propelentes almacenables co motor TR-201 (excedentes da etapa superior do módulo lunar do programa Apolo). 2: segunda etapa do Delta K con propelentes almacenables e motor AJ10-118K. 3: segunda etapa crioxénica do Delta III con motor RL10B-2. 4: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 4 metros de diámetro. 5: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 5 metros de diámetro.

O cuarto díxito indica o tipo de terceira etapa:

0: sen terceira etapa. 1: non usado 2: non usado 3: etapa Star 37D. 4: etapa Star 37E. 5: etapa Star 48B. 6: etapa Star 37FM.

Opcionalmente úsase a letra H tralo cuarto díxito para indicar unha configuración pesada (H de heavy): para o Delta II indica o uso de aceleradores sólidos GEM de 118 cm de diámetro e para o Delta IV indica o uso de dous CBC (Common Booster Cores) como aceleradores.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta A Delta B Delta C Delta D Delta E Delta F Delta G Delta J Delta K Delta L Delta M Delta N Delta P Delta 0100 Delta 1000 Delta 2000 Delta 3000 Delta 4000 Delta 5000 Delta II Delta III Delta IV

Categoría:Delta (foguete)