Lions é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense The Black Crowes. Foi editado o 7 de maio do 2001 como o seu primeiro disco con V2 Records tras a súa marcha de Columbia, e trátase do seu único álbum de estudio co guitarrista Audley Freed. Lions foi gravado en Nova York en xaneiro e febreiro do ano 2001 baixo a produción de Don Was. O baixo foi gravado por Rich Robinson e Don Was, xa que Greg Rzab deixa<ra o grupo e non foi substituído ata a xira que seguiu á publicación do traballo.
O álbum estreouse na lista Billboard 200 e chegou ata o número 20, vendendo máis de 53.000 copias na súa primeira semana. Lions recibiu críticas variadas; aínda que polo xeral o son do disco tivo boas críticas, achacóuselle unha falta de cancións "memorables". Os críticos que puntuaron máis baixo o álbum considerárono unha pobre imitación das influencias da banda, como Led Zeppelin.
O grupo promoveu Lions con dúas xiras norteamericanas (unha con Oasis), e unha pequena xira por Europa e o Xapón no medio. Despois dos concertos a banda entrou en hiato ata o ano 2005.
Listaxe de cancións Todas as cancións compostas por Rich Robinson e Chris Robinson.
"Midnight from the Inside Out" – 4:21 "Lickin'" – 3:42 "Come On" – 2:58 "No Use Lying" – 4:57 "Losing My Mind" – 4:26 "Ozone Mama" – 3:54 "Greasy Grass River" – 3:20 "Soul Singing" – 3:54 "Miracle to Me" – 4:42 "Young Man, Old Man" – 4:14 "Cosmic Friend" – 5:23 "Cypress Tree" – 3:41 "Lay It All on Me" – 5:29
Versión xaponesa "Love Is Now" – 4:22
Categoría:Álbums de The Black Crowes Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de V2 Records