Ian Scott Anderson, nado o 10 de agosto de 1947, é un cantante, compositor e multi-instrumentista escocés, coñecido polo seu traballo como líder e frautista da banda británica Jethro Tull.

Traxectoria

Instrumentos Anderson toca varios instrumentos como a guitarra eléctrica e acústica, o baixo, o bouzouki, a balalaika, o saxofón, a harmónica ou varios tipos de whistles.

Como frautista, Anderson é autodidacta: o seu estilo, moitas veces baseado en gran medida do lingua aleteada (frullato), e ocasionalmente cantando e tarareando mentres tocaba, estivo influenciado por Roland Kirk.

Estilo e influencias A súa famosa pose de tocar cunha soa perna chegou por casualidade: estivera tocando a harmónica nunha perna para poder suxeitar o soporte do micrófono coa outra, e un xornalista describiuno por erro como o frautista que tocaba unha perna no Marquee de Londres. Decidiu aproveitar esa fama aínda que con certa dificultade ao principio. Máis tarde sorprenderíalle ver imaxes de varias iconas divinas tocando a frauta nunha soa perna como Krishna e Kokopelli.

A pesar de ter un pequeno número de discos aclamados e de facer incontables aparicións con outros artistas, sempre foi identificado como o líder de Jethro Tull. A súa imaxe, sen dúbida, estivo ligada a dita formación coa que foi abandeirado da cultura rock.

O estilo da súa música mestura folk, jazz, blues, rock e pop. As súas letras adoitan ser complexas, cheas de trabalinguas, críticas ácidas á sociedade e á relixión, ou alegorías de fantasía e/ou país ou vida medieval. No documental de DW Eine Welt ohnen Beethoven?, Ian Anderson recoñeceu que o músico alemán é unha das influencias non só na súa música senón en todo o rock e outras músicas actuais.

Actividade empresarial Anderson posúe máis de corenta granxas de salmón, moitas delas en Chile.

Saúde Anderson anunciou que padece EPOC debido en parte á exposición ás máquinas de fume nos concertos. Sobreviviu a unha perigosa trombose sufrida tras un voo en avión comercial en precarias condicións de espazo e mobilidade. A súa voz viuse resentida e nos seus concertos prohibe totalmente que se fume.

Notas

Véxase tamén

Rock progresivo Folk rock

Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Cantantes de Escocia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Dunfermline Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello