Donato foi un gramático latino do século IV.

Dúas das súas obras, a Ars minor e a Ars maior ou Ars secunda, convertéronse nos manuais escolares por excelencia da Idade Media. Na Ars minor, Donato describe as oito partes do discurso en forma de pregunta e resposta. A Ars minor está dedicada aos "vicios" e "virtudes" do discurso.

Donato comentou tamén as comedias de Terencio e a Virxilio. Este último comentario chegou en parte directamente (o prefacio, a biografía e unha introdución ás Bucólicas) e en parte a través dos escolios de Mario Honorato Servio e de glosarios medievais.

Véxase tamén Bibliografía A. Schönberger: Die Ars minor des Aelius Donatus: lateinischer Text und kommentierte deutsche Übersetzung einer antiken Elementargrammatik aus dem 4. Jahrhundert nach Christus, Frankfurt am Main 2008, ISBN 978-3-936132-31-1. A. Schönberger: Die Ars maior des Aelius Donatus: lateinischer Text und kommentierte deutsche Übersetzung einer antiken Lateingrammatik des 4. Jahrhunderts für den fortgeschrittenen Anfängeruntericht, Frankfurt am Main 2009, ISBN 978-3-936132-32-8.

Outros artigos Prisciano.

Ligazóns externas Corpus Grammaticorum Latinorum: textos completos e ampla bibliografía

Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Poetas Categoría:Gramáticos