A visión é o sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.
O sistema visual miniatura|Imaxe que mostra o fluxo dorsal (verde) e o ventral (lila) no sistema visual do cerebro humano. O ollo é o primeiro compoñente deste sistema sensorial. No seu interior, a retina, composta de conos e bastóns, realiza os primeiros pasos do proceso perceptivo, e proxecta a través do nervio óptico e o núcleo xeniculado lateral ao córtex visual do cerebro. No cerebro comeza o proceso de enxeñería inversa que nos permite reconstruír as distancias, cores, movementos e formas dos obxectos que nos rodean.
Fontes de información
A visión nútrese de múltiplas fontes de información para interpretar o mundo que nos rodea. Así, o uso de dous ollos permite a visión binocular, coa cal podemos percibir a distancia que hai ata os obxectos ou a diferenza entre o movemento dun paxaro e o movemento das sebes sobre as cales a ave se sitúa (ver percepción do movemento).
Historia e correntes miniatura|A gestalt propón unhas "leis" ou "principios" que rexen os procesos visual. O estudo científico da percepción visual comeza no século XIX con Hermann von Helmholtz, e os primeiros métodos psicofísicos. A comezos do século XX faise forte a escola da Gestalt que propón que a visión esta fortemente guiada por procesos arriba-abaixo.
A mediados do século XX aparecen os propoñentes da percepción indirecta, os construtivistas, e os propoñentes da percepción directa, os ecoloxistas.
Hoxe en día é máis difícil falar de escolas, posto que o estudo da visión é sumamente interdisciplinar.miniatura|222px|Ollo|esquerda Véxase tamén Outros artigos
Brillo e contraste Cor e percepción da cor Cores cálidas e frías Educación para cegos e deficientes visuais Estereopse Fluxo óptico Gestalt Ilusión óptica Luz Movementos oculares Neurociencias, Psicoloxía e Ciencia Cognitiva Oftalmoloxía e Optometría Óptica Percepción Percepción da cor Percepción do movemento Persistencia da visión Psicofísica Teoría da cor Visión artificial Visión binocular e percepción da distancia Visión das aves Visión escotópica Visión fotópica Visión mesópica
Ligazóns externas ARVO European Conference on Visual Perception Vision Sciences Society
Categoría:Fisioloxía Categoría:Óptica