A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 35ª edición do torneo. A competición empezou o 14 de maio e finalizou o 25 de xullo de 1939 coa final no estadio de Montjuïc en Barcelona. O campión foi o Sevilla FC, que derrotou na final ao Racing de Ferrol por 6-2. Foi a primeira competición futbolística de ámbito nacional disputada en España trala Guerra Civil.
Nada máis finalizar o conflito bélico, o 1 de abril de 1939, reorganizouse a Federación Española de Fútbol e esta organizou un torneo a nivel nacional cuxo vencedor recibiría unha copa doada polo "xeneralísimo" Francisco Franco, de aí que o torneo recibise ese nome.
Equipos participantes Para dilucidar quen participaría no torneo optouse por incluír os equipos que gañaran os torneos rexionais que se viñeran disputando nos últimos meses da guerra na zona controlada polos sublevados. Isto foi causa de notables ausencias no torneo. Non puideron participar equipos de Cataluña, Madrid, Valencia, Castela-A Mancha ou Rexión de Murcia, xa que estas rexións permaneceron en zona republicana ata os últimos compases da guerra. Cataluña non acabou de ser conquistada polas tropas franquistas ata febreiro de 1939 e a finais de marzo foron caendo Madrid, Valencia ou Alacant. Por isto non se puido disputar competición algunha nestas zonas, inmersas na guerra ata pouco antes de comezar a competición. Esta restrición deixou fóra da competición á metade dos equipos que xogaran en 1936 en Primeira división (Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid, Espayol de Barcelona, Hércules CF e Valencia CF).
Das restantes rexións españolas, algunhas como Asturias, Castela a Vella, León, Estremadura ou Canarias non disputaron torneos que puideran considerarse como cualificadores, polo que os seus equipos quedaron tamén fóra.
Un caso particular foi o de Asturias. A rexión quedara lonxe da fronte de guerra desde 1937, pero sufría unha durísima posguerra e non se chegou a organizar ningún torneo rexional. O Oviedo, que era un dos equipos máis potentes de España antes da guerra, quedara ademais sen campo nin equipo debido á guerra. Para representar o fútbol asturiano no torneo inscribiuse unha selección de Asturias, pero retirouse do torneo antes de disputar o seu partido de oitavos de final ante o Racing de Ferrol.
Pola contra, si que se puideron organizar minimamente torneos rexionais no País Vasco, Aragón, Galicia ou Andalucía, polo que foron equipos destas rexións os que disputaron a Copa do Xeneralísimo.
Os equipos que se clasificaron para a disputa da Copa del Copa do Xeneralísimo como campións ou subcampións dos seus respectivos campionatos rexionais foron os seguintes:
Aragón: Aviación Nacional e Zaragoza FC. Illas Baleares: Constancia FC. Cantabria: Racing Club e Unión Montañesa. Galicia: Racing de Ferrol. Guipúscoa: Deportivo Alavés e Donostia FC. Navarra: Club Atlético Osasuna. Norte de África: Ceuta Sport. Sur: Sevilla FC e Betis Balompié. Biscaia: Bilbao Athletic e Baracaldo Oriamendi.
Só se encontraban clasificados para a competición 4 clubs dos que militaban en 1936 en Primeira División (Racing de Santander, Betis, Sevilla e Osasuna). A ausencia máis rechamante era a do Athletic Club, que era o vixente campión de Liga, así como o equipo que máis títulos de Copa levaba ata o momento. A razón é que o Athletic non se presentara aos torneos rexionais de Biscaia. Debilitado pola perda de xogadores na guerra (moitos exiliáranse), sen garantías de éxito e temendo perder o seu prestixio, a directiva do club presentou ao Campionato de Biscaia un equipo B, formado por xogadores mozos e que competía baixo outro nome, Bilbao Athletic, salvagardando deste xeito a honra do club en caso de que fracasasen no campionato rexional. O Bilbao Athletic acabou gañando o campionato de Biscaia e clasificouse para a Copa do Xeneralísimo, aínda que despois tivo pouco éxito na competición. O Bilbao Athletic foi o embrión do actual filial do Athletic, o homónimo Bilbao Athletic. O outro representante de Biscaia, o subcampión do torneo, tamén era un equipo descoñecido, o Baracaldo Oriamendi, pero non era outro que o Barakaldo CF, pero cambiado de nome e de cores por orde das autoridades franquistas.
Oitavos de final Quedaron exentos da primeira rolda o Donostia FC e o Racing de Santander. O Racing de Ferrol pasou automaticamente ao renunciar a selección de Asturias á competición. Esta eliminatoria disputouse os días 14 e 21 de maio. Local idaGlobalLocal voltaIdaVolta Betis Balompié 1–5 Aviación Nacional 1–1 0–4 Ceuta Sport 4–6 Sevilla 3–4 1–2 Osasuna 1–4 Zaragoza 0–1 1–3 Bilbao Athletic 3–8 Alavés 1–2 2–6 Unión Montañesa 1–7 Baracaldo Oriamendi 0–2 1–5
Partidos de ida Betis - Aviación Nacional
Ceuta Sport - Sevilla
Osasuna - Zaragoza
Bilbao Athletic - Alavés
Unión Montañesa - Baracaldo Oriamendi
Partidos de volta Aviación Nacional - Betis
Sevilla - Ceuta Sport
Zaragoza - Osasuna
Alavés - Bilbao Athletic
Baracaldo Oriamendi - Unión Montañesa
Cuartos de final Local idaGlobalLocal voltaIdaVolta Racing de Ferrol 3–1 Donostia 3–1 0–0 Baracaldo Oriamendi 4–3 Zaragoza 2–1 2–2 Aviación Nacional 3–4 Sevilla 2–0 1–4 Racing de Santander 3–7 Alavés 2–5 1–2
Partidos de ida Racing de Ferrol - Donostia
Baracaldo Oriamendi - Zaragoza
Aviación Nacional - Sevilla
Racing de Santander - Alavés
Partidos de volta Donostia - Racing de Ferrol
Zaragoza - Baracaldo Oriamendi
Sevilla - Aviación Nacional
Alavés - Racing de Santander
Semifinais Local idaGlobalLocal voltaIdaVolta Racing de Ferrol 3–2 Baracaldo Oriamendi 1–1 2–1 Sevilla 7–6 Alavés 6–5 1–1
Partidos de ida Racing de Ferrol - Baracaldo Oriamendi
Sevilla - Alavés
Partidos de volta Baracaldo Oriamendi - Racing de Ferrol
Alavés - Sevilla
Final
A final disputouse o 25 de xuño de 1939 no estadio de Montjuïc, sede elixida por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora conquistada polas tropas franquistas poucos meses antes. O partido estivo presidido polo xeneral Moscardó. O campión foi o Sevilla, que goleou por 6-2 ao Racing de Ferrol, facéndose así co seu segundo título.
50pxCampiónSevillaSegundo título
Máximos goleadores +PosXogadorEquipoGoles1 Iriondo Alavés82 Campanal I Sevilla73 Bata Baracaldo Oriamendi5 Pepillo Sevilla5 Gárate Alavés5 Raimundo Sevilla5 Elícegui Alavés58 Sañudo Aviación Nacional4
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do torneo en linguasport.com
Categoría:Fútbol en 1939 1939