Tamén existe o xénero Spirochaeta, pertencente a este filo.

miniatura|dereita|Debuxo que mostra os flaxelos internos. miniatura|dereita|Sección dunha espiroqueta mostrando a súa envoltura e os flaxelos.

As espiroquetas (Spirochaetes) son un filo de bacterias gramnegativas que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a sífilis ou a enfermidade de Lyme.

Características Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.

Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns flaxelos especializados denominados filamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no espazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada extremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara a atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula.

A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de ágar.

Son organismos quimioheterótrofos, a maioría anaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.

O xenoma de Spirochaetes é moi infrecuente e consta de cromosomas e plásmidos, e en xéneros como Borrelia os cromosomas son lineais en vez de circulares.

Exemplos O filo Sprirochaetes divídese en tres familias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único orde, Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:

Leptospira (ver L. interrogans), que causa leptospirose ou enfermidade de Weil, que pode causar insuficiencia renal e morte. Borrelia burgdorferi, que causa a enfermidade de Lyme, transmitida por insectos. Borrelia recurrentis, que causa a febre recorrente, que se transmite xeralmente polos piollos. Treponema pallidum, que causa a sífilis. Brachyspira pilosicoli e Brachyspira aalborgi, que causan a espiroquetose intestinal .

Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dun clado maior denominado Gracilicutes. Consultado o 10 de marzo de 2006

Filoxenia

A taxonomía aceptada actualmente está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI) e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree' 'The All-Species Living Tree' Project.

Notas: ♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles ♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo ♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos sífilis

Ligazóns externas Cystic Forms of Spirochetes: Complete Bibliography and Pictures

Categoría:Espiroquetas