La mañana de La 1 é un programa de televisión emitido pola cadea española La 1 de Televisión Española de luns a venres en horario matinal.

Historia La mañana de La 1 foi creado e posto en marcha por Ricardo Medina e o seu equipo de Medina Media o 24 de agosto de 2009.

O programa responde ao típico formato de magazine, análogo na súa estrutura aos que na mesma franxa horaria emiten o resto de cadeas xeneralistas de España: Espejo público, con Susanna Griso en Antena 3, Las Mañanas de Cuatro en Cuatro con Marta Fernández e El programa de Ana Rosa, con Ana Rosa Quintana en Telecinco. A formulación é tamén basicamente idéntico ao dos espazos predecesores nese horario na propia TVE: Por la mañana (2002-2008) e Esta mañana (2008-2009), con Inmaculada Galván.TVE busca a substitución de Inmaculada Galván en Esta mañana El País. 11 de xullo de 2009.

O espazo, emitido en directo desde o enorme Estudo 1 de Prado del Rey, inclúe entrevistas, actualidade, opinión, crónica social, cociña e consellos para o lecer e a saúde. De feito o macro-espazo integrou como sección o programa ata o momento autónomo Saber vivir, presentado por Luis Gutiérrez.

Ata 2011, José Ángel Leiras, copresentou o programa xunto a Mariló Montero. Outro colaborador nunha primeira etapa foi Javier Capitán.

En setembro de 2010 modifícase a imaxe de La mañana e o 18 de outubro do mesmo ano vólvese a modificar ao pasar a emitirse en formato panorámico.

Durante as vacacións de verán de 2012 e 2013 foi Inés Paz a encargada de presentar o programa.

En agosto de 2013, Inés Paz, o doutor Gutiérrez, Almudena del Pozo, Karmele Izaguirre e Ciudadano García abandonaron o programa. O 26 de agosto do mesmo ano, modificouse o estudio, o grafismo e os decorados.

O 7 de xullo de 2014, con motivo das vacacións de Mariló Montero, Inés Ballester presenta La mañana del verano. Desta versión estival xurdirá o programa Amigas y conocidas, que comezou como sección de estival e que debido ao seu éxito se consolidou como programa propio dende de setembro de 2014.

O 29 de agosto de 2014 nunha nota de prensa TVE deu a coñecer os cambios da tempada 2014-2015. Confirmábase a saída do programa de Carlos Córdoba e de Sergio Fernández, a redución do programa 45 minutos pola estrea de Amigas y conocidas, a permanencia no programa dalgúns debutantes en verán como Julius, e a entrada de varios rostros novos.

En febreiro de 2015 anunciáronse grandes cambios para o programa matinal que terán lugar en torno ao mes de abril para subir os datos de audiencia. Entre as novidades atópanse cambio de estudio, que pasará a atoparse no Estudo 5 así como novas seccións dirixidas ao entretemento. Ademais, anunciouse a volta a TVE de Paco Lobatón para conducir a sección de sucesos do programa matinal.

A partir da nova tempada de formato, o 7 de setembro de 2015, o programa volveuse reducir. Os irmáns Torres fichan pola televisión pública para presentar na sobremesa cun programa de cociña e fai que teñan que reducir a duración do programa.

O 30 de xuño de 2016, Mariló Montero anuncia que abandona TVE así como La Mañana, tras 7 tempadas á fronte do programa. A súa substituta durante o verán é Silvia Jato.

Presentadores Mariló Montero (2009-2016). Presentadora titular. José Ángel Leiras (2009-2011). Antigo copresentador do programa e substituto de Mariló Montero durante as vacacións. Inés Paz (2011-2013). Antiga copresentadora do programa e substituta de Mariló Montero durante as vacacións. Jota Abril (2014-presente). Copresentador do programa. Inés Ballester (verán de 2014). Actualmente presenta o espazo Amigas y conocidas. Teresa Viejo (verán de 2015). Sandra Daviú (Nadal de 2015-2016). Silvia Jato (verán de 2016).

Seccións Mariló Montero participa e exerce de fío condutor en todas as seccións: Saber vivir: Sección de saúde con Ana Bellón e Iñaki Ferrando. Saber cocinar: Sección de cociña con Julius e Ana Bellón. Saber moverse: Sección de exercicio con Cristina Mérida. Saber mirar: Sección de actualidade con Fernando Ónega. Saber lo que pasa: Informativo con Jota Abril. Corazón: Sección de crónica social con Luis Pliego, Rosa Villacastín e Luis Rollán. La máquina del café: Entrevista de Mariló Montero a un convidado especial. La abogada en casa: Sección de divulgación sobre dereito con Begoña Villacís. Escuela de padres: Sección de coaching para pais e fillos con Helena López Casares.

Producións propias Amigas y conocidas: Faladoiro de actualidade con Inés Ballester, Alba Carrillo, Loles León, Teresa Bueyes, Paloma Gómez Borrero e Carmen Delgado, entre outros. Estreado durante o verán de 2014, dende setembro do mesmo ano independízase de La mañana de La 1 e convértese en programa á parte.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Ficha en IMDb

Mañana Mañana