é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 13 de abril do 1996.

En galego, saíu á venda en DVD o 10 de maio do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse Preto de Toquio ven de inaugurarse o paraíso do lecer: Henderland, un parque de atraccións que está na boca de todo o mundo. A escola de Shin Chan decidiu organizar unha excursi´n ao parque e toda a clase está disposta a gozar coa excursión. Pero non todo é tan fermoso como semella ser, xa que en realidade, Henderland é a base secreta de operacións dunha organización malvada que quere conquistar o planeta. Os seus xefes son Makao e Ioma, dous travestís amantes do ballet, seguidos polos seus rechamantes secuaces.

No parque, Shin Chan coñece a Topema, unha boneca articulada quen de falar e sentir que lle explica como combater contra os malvados. O único xeito é usando as Cartas Lumieiras, que posúen poderes máxicos. Nas mans dun humano, as cartas manifestan o seu verdadeiro poder. As Cartas Lumieiras, que chegaron ás mans de Shinnosuke, son a clave para o control da Terra, de maneira que os criminais secuestran aos pais de Shin Chan para que llas devolvan. Pero Makao e Ioma non saben que deron co cativo máis afouto do Xapón!

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2005. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Yasuo Kayamura "Guepardo" Chelo Díaz Tomoko Ohtsuka Don Tolicates Antonio Mourelos Shinpachi Tsuji Topema / Princesa Memoria Patricia de Lorenzo Yuriko Fuchizaki Besta Chokirin Xermana Carballido Sanae Miyuki Bóla Neve Andrés Bellas Toshio Furukawa Akiko Hinagata Montse Davila Akiko Hinagata Ultraheroe Óscar Fernández Tesho Genda Porquiño Pirata Manolo Pombal Kaneto Shiozawa Robot Kantam Luís Iglesia Shinya Otaki Makao Antón Olmos Hochu Otsuka Ioma Antón Rubal Hideyuki Tanaka Príncipe Goman Andrés Bellas Soichiro Hoshi

Voces adicionais: ▪ Ana Maciñeiras. ▪ Isabel Vallejo. ▪ Gaspar Somoza. ▪ Paco Barreiro.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é SIX COLORS BOY (O mozo das seis cores) interpretada por Akiko Hinagata, quen ademais fai unha aparición no filme.

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mitsuru Hongo Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1996 con versión en galego