O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.Páxina web oficial do MUNCYT.

Contidos No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.

miniatura|dereita|150px|Antiga lanterna da Torre de Hércules, MUNCYT A Coruña.

Existen visitas guiadas e proxeccións.

Historia da sede coruñesa O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño dese ano.

O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio,Original project: Arts Centre of A Coruna Museum and Dance School. First Prize International Competition . gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e UrbanismoO Prisma de Cristal, un novo miradoiro científico na Coruña . e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais.

O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano.El MUNCYT espera recibir 200.000 visitantes en A Coruña en un año .

En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco.Escolares de Coristanco se convierten en el visitante 50.000 del Muncyt de A Coruña. La Voz de Galicia

Instalacións As salas Sala Miscelánea Sala Maiúsculas Sala Patrimonio Sala Innovación española Sala Iberia Século XX Expos Interinas

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do MUNCYT Vídeo sobre a construción do edificio Prisma de Cristal no YouTube Páxina web de aceboXalonso Studio, Proxecto Prisma de Cristal Museos de Ciencia. Ruta norte .

Categoría:Museos da Coruña Categoría:Museos de ciencias