O grupo Deinococcus-Thermus é un pequeno grupo de bacterias considerado un filo, que son moi resistentes ás condicións ambientais desfavorables.
Comprende dous grandes grupos: As Deinococcales, que inclúe dúas familias e dous xéneros principais: Deinococcus e Truepera. O primeiro ten varias especies resistentes á radiación, que poden captar os residuos nucleares e outros materiais tóxicos sen sufriren dano, e sobreviven tamén no baleiro do espazo exterior ou en condicións extremas de calor ou frío. As Thermales inclúen varios xéneros resistentes á calor (Marinithermus, Meiothermus, Oceanithermus, Thermus, Vulcanithermus). A especie Thermus aquaticus, que vive en fontes hidrotermais, foi importante no desenvolvemento da técnica da Reacción en Cadea da Polimerase (PCR), xa que posúe un encima ADN polimerase termoestable (a Taq polimerase), que resiste as temperaturas necesarias para aplicar a técnica da PCR.
Aínda que estes grupos evolucionaron a partir dun devanceiro común, os dous mecanismos de resistencia que presentan desenvolvéronos de xeito independente.
Estas bacterias teñen paredes celulares grosas que fan que teñan un patrón de tinguidura grampositivo, pero teñen unha segunda membrana, polo que en estrutura están próximos ás bacterias gramnegativas.
Cavalier-Smith deulle a este clado o nome de Hadobacteria (de Hades, o inframundo dos antigos gregos).
Filoxenia
O cladograma mostra a toxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) e do NCBI (National Center for Biotechnology Information) e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S do LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree.'The All-Species Living Tree' Project.
Nota: ♠ Cepas atopadas no NCBI pero non na LPSN.
Xenomas secuenciados Actualmente hai dez xenomas secuenciados de estirpes (strains) deste filo.http://www.ncbi.nlm.nih.gov/genomes/MICROBES/microbial_taxtree.html Deinococcus radiodurans R1 Thermus thermophilus HB27 Thermus thermophilus HB8 Deinococcus geothermalis DSM 11300 Deinococcus deserti VCD115 Meiothermus ruber DSM 1279 Meiothermus silvanus DSM 9946 Truepera radiovictrix DSM 17093 Oceanithermus profundus DSM 14977
As dúas Meiothermus sp. foron secuenciadas baixo os auspicios do proxecto Genomic Encyclopedia of Bacteria and Archaea (GEBA), que ten como obxectivo secuenciar organismos baseándose na súa importancia ou novidade filoxenética e non na súa patoxenicidade ou notoriedade.Wu, D.; Hugenholtz, P.; Mavromatis, K.; Pukall, R. �D.; Dalin, E.; Ivanova, N. N.; Kunin, V.; Goodwin, L. et al. (2009). "A phylogeny-driven genomic encyclopaedia of Bacteria and Archaea". Nature 462 (7276): 1056–1060. Bibcode 2009Natur.462.1056W. DOI:10.1038/nature08656. PMC 3073058. PMID 20033048. . Actualmente, o xenoma de Thermus aquaticus Y51MC23 está nas fases finais de completar a súa secuenciación no DOE Joint Genome Institute.http://www.ncbi.nlm.nih.gov/genomeprj/55053
Notas
Categoría:Deinococcus-Thermus