Antonio Páramo Sánchez, nado en Sarria en 1912 e finado en Lugo o 24 de maio de 1959, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Neto de Antonio Sánchez Teijelo (que fora alcalde de Sarria nos anos vinte) e sobriño de José Sánchez Arias e Vicente Páramo Losada, foi un destacado avogado e ocupou a presidencia da sociedade La Unión de Sarria. Organizou o Partido Republicano na comarca de Sarria e foi delegado do centro republicano de Sarria, constituído en 1931. Nese ano asumiu a dirección do periódico La Voz de Sarria. En 1933 dirixiu o periódico Loita, Órgano del Cento Republicano de Sarria.

Accedeu á alcaldía de Sarria con 24 anos logo do triunfo da Fronte Popular en marzo de 1936, e ocupou un papel relevante en Izquierda Republicana. Formou parte do comité provincial do partido, e foi un dos compromisarios que participaron na elección do presidente Manuel Azaña.

Antonio Páramo exercía como alcalde ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e foi perseguido durante a guerra civil. Declarado en rebeldía en varias causas, e confiscado o seu patrimonio, estivo fuxido uns doce anos, agochado en Chave (O Saviñao). Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de cen mil pesetas en concepto de responsabilidade civil en xuño de 1940.BOE, 3-8-1940, p. 3595. Finalmente presentouse e foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión e condenado a dous anos de prisión. Ao saír en liberdade instalouse en Lugo como avogado. Finou en Lugo o 24 de maio de 1959.Necrolóxica en El Progreso, 31-5-1960, p. 7.

Vida persoal

Casou con María de los Ángeles Suances Pereiro e foi pai de María Consuelo, Antonio e Javier Páramo Suances. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "A familia do ex alcalde Antonio Páramo doa unha casa ao Concello de Sarria", artigo en El Progreso. Ficha en Represión franquista en Lugo

"La nueva corporación local sarriana estaba formada por dieciocho concejales", artigo en La Voz de Galicia, 31 de xullo de 2006. "La instauración de la Segunda República se vivió en Sarria con gran expectación", artigo en La Voz de Galicia, 13 de abril de 2002.

Categoría:Xornalistas de Sarria Categoría:Alcaldes de Sarria Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sarria

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes