The Vaselines é unha banda de rock alternativo procedente de Glasgow. Formouse na cidade de Edimburgo no ano 1986 orixinalmente como un dúo composto polos compositores Eugene Kelly e Frances McKee, pero posteriormente entraron no grupo James Seenan e Charlie Kelly, irmán de Eugene, no baixo e na batería respectivamente. McKee fora antigamente membro dun grupo chamado The Pretty Flowers con Duglas T. Stewart, Norman Blake, Janice McBride e Sean Dickson. Eugene Kelly tocara en The Famous Monsters. A banda fíxose famoso grazas a Nirvana, que versionou tres dos seus temas, "Son of a Gun", "Molly's Lips" e "Jesus Doesn't Want Me for a Sunbeam".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Dum-Dum 1989 53rd & 3rd Sex with an X 2010 Sub Pop Records V for Vaselines 2014 Rosary Music

EPs Álbum Ano Selo Son of a Gun 1987 53rd & 3rd Dying for It 1988 53rd & 3rd

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Edimburgo Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1986 Categoría:Grupos musicais separados en 1990 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2008