José Hermida Losada, nado en Gondomar o 12 de agosto de 1897 e finado en Tui o 11 de agosto de 1970, foi un futbolista galego que xogaba nas demarcacións de centrocampista e defensa, máis coñecido como Pepe Hermida.
Traxectoria Foi membro dunha saga familiar no Celta de Vigo xunto co seu irmán Ángel Hermida e o seu sobriño Manuel Hermida Losada, coñecido como Hermidita e un dos mellores xogadores da historia céltica.
Antes da fundación do Celta no ano 1923 xogaba no Real Vigo Sporting Club, un dos dous clubs que deu lugar ao Real Celta de Vigo. Trala creación do novo club vigués converteuse nun dos primeiros xogadores do mesmo.
Debuta en competición oficial co Celta na tempada 1923-24 proclamándose campión de Galiza. Este sería o primeiro dos 6 Campionatos de Galicia que conseguiu Hermida co equipo olívico.
No ano 1924 tamén debutou na Copa de España ante o Athletic de Bilbao.
Participou tamén no ano 1928 na xira do Celta por América que saíu o 7 de xuño do porto de Vigo no transatlántico Werra.
No ano 1932 abandona o Celta con 34 anos, tras nove tempadas no club e conseguir debutar na acabada de crear Liga española de fútbol sen acadar o ascenso a Primeira División, que chegaría no ano 1936.
Palmarés co Celta de Vigo AnoClubTítulo1923-1924RC Celta de VigoCampión Galiza1924-1925RC Celta de VigoCampión Galiza1925-1926RC Celta de VigoCampión Galiza1926-1927RC Celta de Vigo1927-1928RC Celta de VigoCampión Galiza1928-1929RC Celta de Vigo1929-1930RC Celta de VigoCampión Galiza1930-1931RC Celta de Vigo1931-1932RC Celta de VigoCampión Galiza
Notas
Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Futbolistas de Gondomar Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes