Niterói é unha cidade do estado brasileiro do Río de Xaneiro, situada a 5 km en liña recta da cidade do Río de Xaneiro, capital do estado, á cal está unida por unha ponte de 14 km de lonxitude. Cando a cidade de Río se converteu en municipio neutro e capital do Brasil independente, Niterói pasou a ser capital da entón Provincia do Río de Xaneiro, actualmente estado do Río de Xaneiro. En 1960 a capital do Brasil foi transferida a Brasilia e, 14 anos despois, en 1974, coa fusión entre o estado do Río de Xaneiro e o estado da Guanabara (formado pola cidade do Río de Xaneiro), Niterói perdeu o status de capital.
Posúe como actividades económicas o comercio e os servizos, a industria (destacando a industria naval) e en menor escala o turismo. Nela sitúase o Museo de Arte Contemporánea, proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer, con vistas á baía de Guanabara.
Demografía
miniatura|esquerda|Vista parcial do Museu de Arte Contemporánea e da cidade de Niterói.
Véxase tamén Ligazóns externas Niterói Turismo Museo de Arte Contemporánea de Niterói Prefeitura Muncipal de Niterói. Páxina da alcaldía do municipio.
Categoría:Cidades do Río de Xaneiro