Moisés Barcia Rodríguez,O persoeiro procedeu legalmente a alterar a orde dos apelidos, motivo polo cal nas publicacións anteriores a esa xestión é posible rastrexar o seu nome como Moisés Rodríguez Barcia. nado en Moaña o 3 de abril de 1971, é un tradutor e editor galego.

Traxectoria Verteu tanto obras de ficción como de ensaio o galego dende linguas como o inglés, francés, italiano ou castelán. Destacan as súas traducións para Edicións Xerais e Editorial Galaxia, por exemplo O señor dos aneis"Moisés Barcia fálanos da traducción ó galego de "O señor dos aneis'", entrevista en Cultura Galega, 19 de decembro de 2001., O Hobbit ou Oliver Twist, así como aquelas publicadas en Rinoceronte editora, empresa que dirixe dende a súa creación en 2005. En 2011 recibiu o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria do Concello de Cangas."Moisés Barcia recibe o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria" , na web Fervenzas Literarias, 19 de maio de 2011.

Obtivo o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo en 2001 pola tradución de Aceite de canContos , de Ambrose Bierce (en PDF)., de Ambrose Bierce. Así mesmo, a súa tradución da obra Do asasinato considerado como unha das belas artes, de Thomas De Quincey, mereceu o Premio Plácido Castro na súa IV edición.

Obras en galego Traducións Leccións americanas: seis propostas para o vindeiro milenio, de Italo Calvino, 1999, Kalandraka. A derradeira bágoa, de Stefano Benni, 2000, Laiovento. O hobbit, de J. R. R. Tolkien, 2000, Xerais. O señor dos aneis, 2001-2002, de J. R. R. Tolkien, Xerais. A marabillosa medicina de George, de Roald Dahl, 2004, Xerais. A cidade en chamas, de Ariel e Joaquín Dorfman, 2005, Xerais. O portal dos elfos, de Herbie Brennan, 2005, Xerais. Decamerón, de Giovanni Boccaccio, 2006, Xunta de Galicia. O emperador púrpura, de Herbie Brennan, 2006, Xerais. Oliver Twist ou O progreso dun neno de hospicio, de Charles Dickens, 2006, Galaxia. Novelino, 2007, Rinoceronte. O reino en perigo, de Herbie Brennan, 2007, Xerais. O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon, 2008, Rinoceronte. Deshonra, de J. M. Coetzee, 2008, Rinoceronte. As leis fundamentais da estupidez humana, de Carlo Maria Cipolla, 2009, Rinoceronte. Poesías do desamor e outras poesías dispersas, de Cesare Pavese, 2009, Rinoceronte. Unha lectora fóra do común, de Alan Bennett, 2010, Rinoceronte. O nacionalismo lingüístico, de Juan Carlos Moreno Cabrera, 2010, Morgante. Senilidade, de Italo Svevo, 2010, Rinoceronte. Nova gramática finesa, de Diego Marani, 2014, Rinoceronte. O cuarto de invitados, de Helen Garner, 2015, Rinoceronte. Os papacalcetíns, de Pavel Šrut e Galina Miklínová, 2015, Sushi Books. Cabeza de can, de Morten Ramsland, 2016, Rinoceronte. Outras estrelas uruguaias, de Stefano Marelli, 2016, Rinoceronte. Bechos e demais parentes, de Gerald Durrell, 2016, Rinoceronte. O xardín dos deuses, de Gerald Durrell, 2016, Rinoceronte. As almas grises, de Philippe Claudel, 2016, Rinoceronte. A lenda de Sally Jones, de Jakob Wegelius, 2016, Sushi Books. O mono do asasino, de Jakob Wegelius, 2016, Sushi Books. A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey, de Shaffer e Barrows, 2016, Rinoceronte. Os asollados, de Joël Egloff, 2017, Rinoceronte. Todos teriamos que ser feministas, de Chimamanda Ngozi Adichie, 2017, Sushi Books. Habaixo o colexio!, de Geoffrey Willans, 2017, Sushi Books. Jim Botón e Lucas o maquinista, de Michael Ende, 2017, Sushi Books. Como ser muller, de Caitlin Moran, 2017, Rinoceronte. O paquete falante, de Gerald Durrell, 2017, Sushi Books. O hibisco púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie, 2017, Rinoceronte. Vidas breves de idiotas, de Ermanno Cavazzoni, 2018, Rinoceronte. Como aprendín a ler, de Agnès Desarthe, 2018, Rinoceronte. Un puñado de estrelas, de Rafik Schami, 2018, Rinoceronte. Gottland, de Mariusz Szczygieł, 2018, Rinoceronte. O paquete falante, de Gerald Durrell, 2018, Sushi Books. Acabadora, de Michela Murgia, 2018, Rinoceronte. Mapa de estradas lendario de Islandia, de Jon R. Hjálmarsson, 2019, Rinoceronte. Margherita Dolcevita, de Stefano Benni, 2019, Rinoceronte. Unha cidade chamada Perfecta, de Helena Duggan, 2019, Sushi Books. Tres días e unha vida, de Pierre Lemaitre, 2019, Rinoceronte. Fame, de Knut Hamsun, 2019, Rinoceronte. Un de nós mente, de Karen M. McManus, 2019, Rinoceronte. A outra nai, de Andrej Longo, 2019, Rinoceronte. O niño, de Kenneth Oppel, 2019, Sushi Books. O mago de Lublin, de Isaac Bashevis Singer, 2019, Rinoceronte. Os imaxinarios, de A. F. Harrold, 2019, Sushi Books. Os secuestradores de burros, de Gerald Durell, 2019, Sushi Books. Instrucións para converterse en fascista, de Michela Murgia, 2019, Rinoceronte. O rei Cuu, de Adam Stower, 2019, Sushi Books. Hôzuki, de Aki Shimazaki, 2019, Rinoceronte. Fóra do mapa, de Alastair Bonnett, 2019, Rinoceronte. Amelia Fang e o baile barbárico, de Laura Ellen Anderson, 2019, Sushi Books. O ruído do tempo, de Julian Barnes, 2020, Rinoceronte. Amelia Fang e os Señores Unicornios, de Laura Ellen Anderson, 2020, Sushi Books. Winnie-the-Pooh, de A. A. Milne, 2020, Sushi Books. A casa do recuncho de Pooh, de A. A. Milne, 2020, Sushi Books. A natura exposta, de Erri De Luca, 2020, Rinoceronte. Os sangues de Audrée Wilhelmy, 2020, Rinoceronte. A vida secreta das vacas, de Rosamund Young, 2020, Rinoceronte. A historia de Greta, de Valentina Camerini, 2020, Sushi Books. O país onde medran os limoeiros, de Helena Attlee, 2020, Rinoceronte. O canguro alcohólico, de Kenneth Cook, 2020, Rinoceronte Anne, a de Tellas Verdes, de Lucy Maud Montgomery, 2020, Sushi Books. Deshonra, de J. M. Coetzee, 2020, Rinoceronte. O baile, de Irène Némirovsky, 2021, Rinoceronte. Xente normal, de Sally Rooney, 2021, Rinoceronte. Ti e mais eu, de Niccolò Ammaniti, 2021, Rinoceronte. Oliver Twist, de Charles Dickens, 2021, Rinoceronte. As rapazas non saben pegar, de T. S. Easton, 2021, Sushi Books. A trenza, de Laetitia Colombani, 2021, Rinoceronte. Pequeno país, de Gaël Faye, 2021, Rinoceronte. Felices todo o tempo, de Laurie Colwin, 2021, Rinoceronte. Os espías de Oreborg, de Jakob Wegelius, 2021, Sushi Books. A rosa falsa, de Jakob Wegelius, 2021, Sushi Books. O equipo Chascadentes, de Eduard Bass, 2021, Sushi Books. A bruxa novata, de Mary Norton, 2021, Sushi Books. Queres facer o favor de calar, por favor?, de Raymond Carver, 2022, Rinoceronte. Dor menstrual, de Kopano Matlwa, 2022, Rinoceronte. O paxaro burlón, de Gerald Durrell, 2022, Sushi Books. A cegadora luz de dúas estrelas vermellas, de Davide Morosinotto, 2022, Sushi Books. O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett, 2022, Sushi Books. Lingo, de Gaston Dorren, 2022, Rinoceronte. Stoner, de John Williams, 2022, Rinoceronte. Os raspiñeiros, de Mary Norton, 2022, Sushi Books. O Gran Caderno, de Agota Kristof, 2022, Rinoceronte. Vencellos feroces, de Vivian Gornick, 2022, Rinoceronte. As aventuras de Huckleberry Finn, de Mark Twain, 2022, Rinoceronte. Emma, de Jane Austen, 2022, Rinoceronte. O acontecemento, de Annie Ernaux, 2023, Rinoceronte. A incrible viaxe das plantas, de Stefano Mancuso, 2023, Rinoceronte. A arañeira de Charlotte, de E. B. White, 2023, Sushi Books. Stuart Little, de E. B. White, 2023, Sushi Books. A vinganza do wombat, de Kenneth Cook, 2023, Rinoceronte. O coala asasino, de Kenneth Cook, 2023, Rinoceronte. Sempre vivimos no castelo, de Shirley Jackson, 2023, Rinoceronte. A cor púrpura, de Alice Walker, 2023, Rinoceronte. A flor perdida do xamán de K, de Davide Morosinotto, 2023, Sushi Books. A volta ao mundo en 72 días, de Nellie Bly, 2023, Rinoceronte. Con Enara Caride Lago. O amigo, de Sigrid Nunez, 2024, Rinoceronte. O cabalo sen cabeza, de Paul Berna, 2024, Sushi Books. O nadador, de John Cheever, 2024, Rinoceronte. A profecía do armadillo, de Zerocalcare, 2024, Rinoceronte. Homero. Iliada, de Alessandro Baricco, 2024, Sushi Books. Corre, Coello, de John Updike, 2024, Rinoceronte. Felicidade clandestina, de Clarice Lispector, 2024, Rinoceronte. Memoria de rapaza, de Annie Ernaux, 2024, Rinoceronte. Eu mato xigantes, de Joe Kelly e Ken Niimura, 2024, Rinoceronte. A muller xeada, de Annie Ernaux, 2024, Rinoceronte. Xerusalén, de Gonçalo M. Tavares, 2024, Rinoceronte. En canto agonizo, de William Faulkner, 2025, Rinoceronte. Os nenos do ferrocarril, de Edith Nesbit, 2025, Sushi Books. A inquilina de Wildfell Hall, de Anne Brontê, 2025, Rinoceronte. O nadador no mar secreto, de William Kotzwinkle. 2025, Rinoceronte. Medio sol amarelo, de Chimamanda Ngozi Adichie, 2025, Rinoceronte. O loito é esa cousa con plumas, de Max Porter, 2025, Rinoceronte. Aprendede dos lirios, de Iain Crichton Smith, 2025, Rinoceronte. Con e de curcuspín, de Mario Obrero, 2025, Rinoceronte. Mulleres empilladas, de Patrícia Melo, 2026, Rinoceronte. Correr, de Jean Echenoz, 2026, Rinoceronte. O amor dos homes avulsos, de Victor Heringer, 2026. Rinoceronte. Un anaco de mazá seca, de Begoña Feijoo Fariña, 2026, Rinoceronte. Servir os ricos, de Alizée Delpierre, 2026, Rinoceronte. Gilead, de Marilynne Robinson, 2026, Rinoceronte. A península das casas baleiras, de David Uclés, 2026, Rinoceronte. Furacán en Xamaica, de Richard Hughes, 2026, Sushi Books.

Obras colectivas Manu Chao: música e liberdade, de Alessandro Robecchi, 2001, Xerais. Cotradutor con Cristina González Piñeiro. Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán, 2007, Galaxia.

Obras en castelán Traducións Vidas post-it, de Iolanda Zúñiga, 2011, Pulp Books.

Obras colectivas Gramática del silencio, de Eusebio Lorenzo Baleirón, 2007, Rinoceronte. Cotraducido con Penélope Pedreira. Larga noche de piedra, de Celso Emilio Ferreiro, 2007, Rinoceronte. Cotraducido con Penélope Pedreira.

Notas

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores do italiano