Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego. miniatura|Mención a Tapia nun exemplar de Ilustración Gallega, 1912.
Traxectoria
Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid (1883-1885). Foi profesor de Xeografía e Historia en Viveiro. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia, El Diario de Mondoñedo, El Día de Mondoñedo e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo na súa última etapa. En 1905 foi académico fundador da Real Academia Galega.
Deputado provincial, foi vicepresidente e dende o 13 de novembro de 1914, presidente da Deputación de Lugo. Continuou no cargo até o 3 de maio de 1917. Foi o líder dos conservadores da provincia de Lugo.
Faleceu por mor dunha doenza e foi soterrado en Mondoñedo.
Obras Cosas íntimas, 1903.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1918