A rata negra (Rattus rattus) é unha especie de roedor miomorfo da familia dos múridos (Muridae), orixinaria de Asia tropical que está presente en Europa desde o século VIII, e que desde aí dispersouse polo resto do mundo, adaptándose a case todos os hábitats, aínda que predomina nos ambientes cálidos.

Está incluída na lista das "100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo",Rattus rattus. 100 of the World's Worst Invasive Alien Species . Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (ISSG), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Naturaleza (IUCN), 12 pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000. confeccionada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Características A lonxitude da cabeza e o tronco é de 16 a 22 cm, e a cola, sen pelos e cuberta de escamas en anel, mide de 17 a 24 cm. O seu peso é de entre 150 a 230 g.

O fociño é aguzado, rematando en punta. A capa é negra ou gris escura. Vive de 2 a 3 anos.

Historia natural Encóntrase nos asentamentos humanos e prefire vivir baixo teito. A diferenza da rata gris (Rattus norvegicus), é especialista en gabear.

As femias teñen 5 ou 6 camadas ao ano. O tempo de xestación é de 21 a 30 días, e paren cada vez de 5 a 8 crías, que ao naceren son cegas e non teñen pelo.

A rata negra ocasiona graves problemas económicos e sanitarios. Ademais de consumir ou danar os alimentos, asóciase a moitas enfermidades, como a peste bubónica, transmitida pola pulga Xenopsylla cheopis que a parasita.

Como mascota As ratas negras ás veces son mantidas como mascota. Porén, a maioría das ratas de compañía son exemplares domesticados de Rattus norvegicus.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alderton, David (1996): Rodents of ther Word. ISBN 0-8160-3229-7. Bennet, Suart: The Black Rat (Rattus rattus) Rattus rattus

Outros artigos Rata Rata da Polinesia Rata gris

Ligazóns externas Rattus r. (como Epimys r.) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. Ano 1914. Facsímile electrónico.

Categoría:Roedores Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Especies invasoras animais