Manuel Fabeiro Gómez, nado en Muros o 7 de agosto de 1916 e finado en Noia o 20 de xullo de 1992, foi un historiador e escritor galego.

Traxectoria Foi carpinteiro ebanista, e traballou como auxiliar e logo como oficial no Xulgado de Noia. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal con Andrés Rodríguez Millares, que dirixiron ata a súa desaparición en 1955. Colaborou en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos, La Noche e Grial. Foi cronista oficial de Muros e de Noia.

Obras Poesía Follas de un arbre senlleiro, 1951. Quechemare da saudade, 2010. Intres, 2013. Poemas postistas, Poemas do vento, Concello de Noia, 2017

Artigos "Ordenanzas de la villa de Noya de 1589". "Os cobrados de Noya". "Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII". "La Santa Biblia y la filatelia". "Matasellos religiosos de Galicia". "O correr da pluma". "Breves notas sobre Añón".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pequena biografía "Aquel muradán que foi un gran noiés" La Voz de Galicia, 20/5/2012.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas de Muros Categoría:Cronistas de Noia Categoría:Carpinteiros Categoría:Ebanistas