David Lekuta Rudisha, nado o 17 de decembro de 1988 en Kilgoris (Kenya), é un atleta kenyano especialista nos 800 m. É o actual campión olímpico e mundial nesta distancia, posuíndo ademais o récord mundial cunha marca de 1:40,91, conseguida o día 9 de agosto de 2012 nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Na tempada do 2010 foi elixido como "Atleta do ano" por parte da IAAF.IAAF: Rudisha and Vlasic are World Athletes of the Year – 2010 World Athletics Gala

Traxectoria David Rudisha é fillo de Daniel Rudisha, medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1968 disputados en México na proba de relevos 4x400 m; mentres que a súa nai Tamisha, é unha recoñecida cantante de música folk. É o sexto de sete irmáns e pertence ao pobo masai.IAAF: Focus on Athletes - David Lekuta RUDISHA Comezou a súa carreira no ano 2004 en competicións locais na proba de décatlon, e no 2005 comezou o seu adestramento co exitoso adestrador e misioneiro irlandés Com O´Connel,The Sun: Irish missionary fires Rudisha to top quen lle recomendou probar sorte nos 800 m. Nesta distancia logrou a medalla de ouro no Campionato Mundial Júnior de Atletismo de 2006, e dende aquela foi coñecido como «O orgullo de África», o mesmo lema da aeroliña Kenya Airways.Sport: David Rudisha: O guerreiro MasaiGuiness World Records: LONDON 2012: ONES TO WATCH: DAVID RUDISHA, KENYA, MEN’S 800M

No 2007 conquistou outra medalla de ouro no Campionato Africano Júnior cunha marca de 1:46,41, así como a súa primeira vitoria nunha competición da IAAF Golden League. Na seguinte tempada acadou o primeiro posto no Campionato Africano de Atletismo de 2008. Porén, sufriu unha lesión que lle impediu participar nas probas clasificatorias para os Xogos Olímpicos de 2008 celebrados en Pequín. No 2009 participou no Campionato do Mundo de Atletismo de 2009 que tivo lugar en Berlín, no que chegou até as semifinais.Berlín 2009: 800 metres - semifinal

Plusmarca mundial No 2010, Rudisha gañou outra medalla de ouro no Campionato Africano de Nairobi cunha nova marca da competición (1:42,84).IAAF: Rudisha sizzles 1:42.84 as Kenya collects three golds in Nairobi - African champs, day 3 Ademais, logrou a fazaña de superar o récord mundial en dúas ocasións: a primeira o día 22 de agosto durante a Internationales Stadionfest de Alemaña (1:41,09),IAAF: 1:41.09 800m World record by Rudisha in Berlin e xusto unha semana despois na reunión de Rieti, Italia (1:41,01), ámbalas dúas parte do IAAF World Challenge. Tamén foi un dos triunfadores da Liga de Diamante desa tempada. Todos estes logros valéronlle ser elixido como "Atleta do ano" xunto a Blanka Vlašić.

O campionato mundial de Daegu Na tempada 2011, logrou a mellor marca do ano en Mónaco no mes de xullo (1:42,61), durante a décima data da Liga de Diamante, competición na cal repetiu como un dos vencedores;Terra: Rudisha registra la mejor marca del año en los 800 metros de Mónaco e no Campionato do Mundo de Atletismo de 2011 celebrado en Daegu, conquistou o seu primeiro título absoluto cunha marca de 1:43,91.Marca: David Rudisha rey sin discusión de los 800 metros Posteriormente, en Rieti, mellorou a súa propia marca do ano cun rexistro de 1:41,33.IAAF: Rieti’s temple to middle distance witnesses Rudisha clock 1:41.33 and Kiprop romp to 3:30.46 in Rieti - IAAF World Challenge

Porén, a súa xeira de triunfos foi interrompida o 18 de setembro en Milán (Italia), cando o etíope Mohamed Aman se impuxo na proba.IAAF: Teenager Aman ends Rudisha’s win streak in rainy Milan

Os Xogos Olímpicos de Londres e nova plusmarca mundial O 9 de xuño de 2012, asistiu por primeira vez a unha competición no continente americano. A carreira tivo lugar en Nova York como parte da sexta data da Liga de Diamante; na que Rudisha levou un folgado triunfo cunha marca de 1:41,74,IAAF: Rudisha's sensational 1:41.74 one of four world leads in New York - REPORT - Samsung Diamond League o mellor tempo conseguido nos Estados Unidos nos 800 m.Competitor: David Rudisha Shines In New York Posteriormente, o 24 de xuño gañou por primeira vez unha praza para competir nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 nas probas clasificatorias realizadas en Nairobi, cun rexistro de 1:42,12.IAAF: Rudisha runs 1:42.12 at altitude – Kenyan Olympic Trials

En Londres, onde foi abandeirado da delegación kenyana, o xoves 9 de agosto de 2012 gañou a medalla de ouro, batendo ademais a plusmarca mundial cun tempo de 1:40,91. De feito, xa tiña en mente superar a marca antes da carreira, que se converteu nunha batalla sen rival. Demostrouno desde o inicio, cando aos 200 m xa cronometrara un tempo extraordinario de 23,4 s. Rematada a proba, Rudisha declarou que non tiña dúbida en gañar, que o clima era ideal e polo tanto decidiu bater a súa propia plusmarca.IAAF: Stunning! Rudisha 1:40.91 World Record in London! - UPDATED

Debido á fazaña, Rudisha é sido considerado o mellor na proba en tódolos tempos; o mesmo Sebastian Coe opinou que era unha "proeza inesquecible" e que a vitoria era das máis memorables da historia olímpica. A carreira é considerada a máis rápida da historia nesta distancia, xa que os oito competidores correron por debaixo dun minuto e 44 segundos.UPI: Olympic Medal: M 800

Marcas persoais ProbaTempoLugar Data400 m45,50 s Sydney (AUS)27/02/2010800 m 1:40,91Londres (GRB)09/08/2012

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Samsung Diamond League: David Rudisha

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Kenya