Ángel Vázquez Taboada foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Dirixiu en Betanzos os semanarios O Antroido (1886) e o seu continuador A Fuliada (1887), e colaborou no periódico A Monteira (1889). Dono dun taller de imprenta en Monforte de Lemos a finais do século XIX, en 1889 quedou terceiro nun certame de artes e oficios na sección de tipografía.

En 2001 o Centro Ramón Piñeiro publicou o libro As noites no fogar e outros textos (colección de lendas e contos morás), que recolle a súa obra narrativa en galego.

Obras As noites no fogar, 1888. Contos de todol-os coores, 1889.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes