Robert John "Robbie" Hummel, nado o 8 de marzo de 1989 en Valparaiso, Indiana, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense, e actual comentarista de televisión.

Instituto Hummel acudiu ó Valparaiso High School en Valparaiso, Indiana. Xogou para o adestrador Bob Punter, e xogou xunto ó que sería o seu compañeiro no primeiro ano de universidade, Scott Martin. Hummel fixo 15.7 puntos, 7.1 rebotes e 4.1 asistencias por partido na súa derradeira tempada no instituto.

Traxectoria universitaria Hummel converteuse no 44º xogador na historia de Purdue en anotar máis de 1000 puntos, superando esa marca o 9 de xaneiro de 2010, tras anotar 13 puntos na derrota por 73-66 contra Wisconsin. Ó remate da súa carreira universitaria, marcada polas múltiples lesións, finalizou con 1772 puntos, 862 rebotes, 268 asistencias, 132 roubos e 112 tapóns.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Hummel foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Minnesota Timberwolves.

O 8 de agosto de 2012, asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB. Nunha tempada, xogou 28 partidos, onde acadou 10.2 e 3.9 rebotes por encontro, converténdose nun dos xogadores clave para que o Blu:Sens Monbús alcanzara os Playoffs da Liga ACB por primeira vez na súa historia.

O 26 de setembro de 2013, Hummel asinou cos Minnesota Timberwolves.Wolves Sign Brown, Hummel And Jeffers To Camp Roster

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía en Purdue Perfil en CBSSports.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Porter, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do BC Khimki