Beatriz Gómez Cortés, nada en Pontevedra o 29 de decembro de 1994, é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Santa Olaya de Xixón.

Traxectoria Comezou a nadar con catro anos e a competir pouco despois, nas filas do Club Natación Galaico de Pontevedra.Ficha de Beatriz Gómez na páxina web do COE . Aos 13 anos empezou a competir máis seriamente, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que recoñeceu que de pequena lle daba medo a auga, conseguiu unha bolsa de estudos para prepararse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestrou como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato.De pequena tiña medo á auga e choraba cando ía á piscina, entrevista a Beatriz Gómez en La Voz de Galicia do 15/01/2011 .

Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza,Beatriz Gómez logra aos seus 16 anos un histórico cuarto posto no Europeo, artigo de La Voz de Galicia do 27/11/2010 . varios campionatos de España en diferentes modalidades, e o Campionato Mundial Júnior de 200 metros estilos logrado en Lima en 2011.Bea, Campioa do mundo, artigo no Diario de Pontevedra do 20/08/2011 .

Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12.Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 . Participou nos Campionatos Mundiais de Natación de 2013 e 2015, e nos Xogos Mediterráneos de 2018, acadando neste último evento o cuarto posto na proba de 200 metros estilos.

En 2020 fichou polo Club Natación Santa Olaya de Xixón.

Recoñecementos En 2014 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da III Gala do Deporte Feminino Galego.

Notas

Categoría:Nadadores olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2012