miniatura|dereita|Unha pulseira bantú na colección permanente do Museo dos Nenos de Indianápolis.
Os bantús son un conxunto de preto de 400 grupos étnicos diferentes de África, esténdense dende o Camerún ata Suráfrica, e pertencen á mesma familia lingüística, a familia bantú, e partillan en moitos casos costumes comúns.
O termo definiuno pola primeira vez Wilhelm Bleek no libro A Comparative Grammar of South African Languages (1862). Os negros de Suráfrica foron ás veces chamados oficialmente "bantús" polo réxime do Apartheid, aínda que na actualidade xa non se emprega en ningún caso, xa que resulta ofensivo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina con mapas e explicacións sobre as linguas da rama bantú
Categoría:Grupos étnicos de África