Interkosmos 8 (Интеркосмос 8 en ruso), tamén denominado DS-U1-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de novembro de 1972 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Interkosmos 8 foi o segundo e último membro da serie de satélites DS-U1-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre, á medición da concentración de electróns e ións positivos na mesma, a medi-la temperatura de electróns no espazo entre o satélite e a superficie terrestre e medi-los fluxos de electróns con enerxías maiores de 40 keV e dos protóns a enerxías maiores de 1 MeV.
Interkosmos 8 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países e deseñouse como unha continuación da misión de Interkosmos 2. Foi inxectado nunha órbita inicial de 679 km de apoxeo e 214 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 93,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1973.
Instrumentación Bulgaria proporcionou unha trampa de ións, e Checoslovaquia e a República Democrática Alemá contribuíron con diversos instrumentos, aínda que a maior parte do equipo de a bordo era soviético.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U1-IK Interkosmos 2
Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U1-IK