Valaquenta é o segundo relato que aparece na obra O Silmarillion, unha colección de mitos ficticios escritos por J. R. R. Tolkien e publicados en forma abreviada e condensada polo seu fillo Christopher Tolkien en 1977.
Non é exactamente unha historia en si mesma xa que non hai secuencias nin accións. Valaquenta é como unha listaxe ou pé de páxina moi extenso no que se explican as características persoais de cada divindade maior do universo de Tolkien. Estas divindades son as chamadas Valar e Maiar.
Categoría:Terra Media Categoría:Libros sobre a Terra Media