miniatura|Manuel Aguirre gravado por Arturo Carretero e publicado en 1888 en La Ilustración Española y Americana. Manuel Aguirre de Tejada O'Neal Eulate, nado en Ferrol o 28 de decembro de 1827 e finado en Madrid o 9 de abril de 1911, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo do tenente de navío Francisco de Aguirre O'Neale e de María Segunda Tejada y Porras Eulate y Santa Cruz, naceu en Ferrol o 28 de decembro de 1827.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Traballou na administración do antigo Consello Real. Marchou a Cuba en 1854 como xefe de sección da Secretaría de Goberno co Capitán Xeneral Marqués da Habana, onde permaneceu ata que, nas eleccións de 1857, foi elixido deputado polo distrito de Ferrol representando á Unión Liberal. Volveu ser elixido deputado por Ferrol nas eleccións de 1858 e, dentro do moderantismo, en 1863; nas de 1865 foi elixido pola provincia da Coruña. En 1876 foi elixido senador pola Coruña, pasando ao ano seguinte a ser nomeado senador vitalicio e senador por Dereito Propio en 1903.
Como deputado apoiou a restrictiva Lei de Imprenta de 1857 proposta por Cándido Nocedal, aínda que posteriormente se lamentaría, tivo unha participación activa na elaboración da Lei do Consello de Estado de 1859. Nela defendeu a independencia da xurisdicclón contencioso-administrativa respecto da vía xudicial ordinaria, e que en caso de conflito entre ambas as dúas, debería ser competencia do Consello de Estado, como poder delegado da Coroa. Deste xeito, rexeitou as teses de Salustiano Olózaga, Joaquín Aguirre de la Peña e, ás veces, de José de Posada Herrera. As súas visións contaron co apoio parlamentario maioritario. Durante o goberno de Leopoldo O'Donnell foi nomeado Director Xeral de Administración e Fomento. Con todo, na década de 1860 foi distanciando da Unión Liberal ata o punto de participar, canda outros deputados, nunha división do partido en 1862 que levaría pouco despois á caída do goberno de O'Donnell.
Logo da Revolución de 1868 deixou a vida política durante o Sexenio Democrático. Posteriormente, ao abeiro de Cánovas participou no Partido Conservador e foi membro da comisión que redactou o proxecto de Constitución española de 1876.
Foi ministro de Ultramar entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e ministro de Graza e Xustiza entre o 14 de decembro de 1895 e o 4 de outubro de 1897 en gobernos de Cánovas. Estando á fronte do ministerio de Graza e Xustiza, viviu o asasinato de Cánovas, e baixo a presidencia de Azcárraga foi o encargado de sustanciar o proceso xudicial derivado do magnicidio.
Nomeado Conde de Tejada de Valdosera en 1875, foi tamén presidente do Tribunal do Contencioso Administrativo (1890), gobernador do Banco de España (1895) e embaixador extraordinario e plenipotenciario ante a Santa Sé.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1827 Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Políticos da Unión Liberal Categoría:Políticos do Partido Conservador (España)