José Cavalcanti de Alburquerque Padierna de Villapadierna, nado na San José de las Lajas, Cuba, o 1 de decembro de 1871 e finado en Donostia o 3 de abril de 1937, foi un militar e político español.

Traxectoria

Carreira militar Proviña dunha familia de orixe italiana, establecida no Brasil (Pernambuco) dende a primeira metade do século XVI, fillo de Francisco Cavalcanti de Alburquerque e da súa muller Elisa Inés Padierna de Villapadierna López. En 1888 ingresou na Academia Xeral Militar de Toledo e despois na Academia de Cabalería de Valladolid. En 1895 formou parte do Escuadrón expedicionario a Cuba de Húsares de Lusitania, onde obtivo o emprego de comandante, permanecendo na illa ata 1898. Durante catro anos foi agregado militar na Embaixada Española en Roma.ABC-Sevilla, 7 de abril de 1937, p. 11. Con trinta e oito anos, por méritos de guerra, ascendeu a coronel, mandando o Rexemento de Húsares de Pavia.

En 1909 ascendeu a tenente coronel participando na campaña de Melilla na División de Cazadores do xeneral Tovar. Ao mando da cabalería e á fronte do Batallón de Cazadores Afonso XII nº 15, o 20 de setembro, na acción de Taxdirt obtivo a Cruz Laureada de San Fernando. Axudante de Campo do Xeneral Tovar, Xefe da División de Cazadores, recibiu ordes deste para poñerse á fronte do 4º Escuadrón do Batallón de Cazadores Afonso XII nº 15, 21 de Cabalería, e empregalo na forma que crese máis conveniente. Na honra desa carga, formouse o Rexemento de Cazadores de Taxdirt. Participou nos combates de Zeluán e do Zoco el Jemis de Beni Bu Ifrus. Ascendido a xeneral foi nomeado Comandante Xeral de Melilla en 1921, logo do desastre de Annual, reorganizou servizos e tropas. Resolveu con audacia o convoi a Tizza, en acción persoal levantou o asedio, sendo proposto para a Laureada.

Ascendeu a tenente xeneral en 1924. Foi xefe da Casa Militar de Afonso XIII (1923-1924).

Carreira política miniatura|1930: en primeira fila: Primo de Rivera, Afonso XIII e Cavalcanti. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1914. Xunto cos xenerais Federico Berenguer, Leopoldo Saro e Antonio Dabán, formou o denominado popularmente na época como "Cuadrilátero", unha reunión de xenerais africanistas que pretendían conseguir o apoio real para levar a cabo a ocupación total do protectorado de Marrocos.Payne (1968), pp. 165-166 Pouco despois o Cuadrilátero, participou nos preparativos do Golpe de Estado de 13 de setembro de 1923, que levou ao poder a Miguel Primo de Rivera. Aos poucos, desilusionados pola política levada a cabo polo ditador, o Cuadrilátero, retomou as conversacións secretas polo que foron apresados e axuizados. Mentres os 3 xenerais foron condenados a pequenos períodos de reclusión, Cavalcanti, seguramente por contar co apoio real, foi absolto.Payne (1968), p.194

Lonxe de postos de responsabilidade, ata que en 1930 foi nomeado Capitán Xeneral de Andalucía.

Foi xulgado, en xuízo oral e público, polo Tribunal de Responsabilidades, nomeado polas Cortes Constituíntes da Segunda República Española, que viu a causa sobre as derivadas do Golpe de Estado de 13 de setembro de 1923. Monárquico convencido,Payne (1968), p.165 participou na sublevación do xeneral Sanjurjo contra a República, sendo encarcerado.

Na sublevación do 18 de xullo de 1936, púxose á fronte das forzas do bando sublevado en Galicia.

Vida persoal O 24 de outubro de 1910 casou con María de las Nieves de Quiroga Pardo-Bazán, III condesa da Torre de Cela, filla de Emilia Pardo Bazán e José Quiroga Pérez de Deza.

Afonso XIII concedeulle o título de marqués de Cavalcanti o 17 de marzo de 1919. Foi tamén I conde de Taxdirt.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Militares de España Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante a Restauración Categoría:Nados na provincia de Mayabeque Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Marqueses de España Categoría:Condes de España Categoría:Militares da guerra civil española do bando sublevado