Pedro Mateo Sagasta Escolar, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa) o 22 de febreiro de 1830 e finado en Madrid o 26 de novembro de 1908, foi un enxeñeiro e político español.

Traxectoria Irmán de Práxedes Mateo Sagasta. Foi Inspector xeral do Corpo Nacional de Enxeñeiros de Montes. Trasladado a Pontevedra polo seu traballo, foi deputado polo Partido Progresista polo distrito de Pontevedra (1869-1871) e polo de Caldas de Reis (1871-1872 e 1889-1890).

Casou con Juana Echeverría Broussaint, e foi pai de Bernardo Mateo Sagasta.

Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Sagasta Echevarría, Bernardo

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Enxeñeiros forestais Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Nados en Torrecilla en Cameros