O Forno dos Mouros é un dolmen de hai uns 5000 anos. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.
Accións miniatura|dereita|O dolmen coas vigas antes da súa consolidación. Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags .
No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de megálitos de Galicia
Ligazóns externas Dolmen de Forno dos Mouros A Maruxosa no sitio web do concello de Toques Ficha de Turgalicia
Categoría:Toques Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Mouros