miniatura|dereita|Gañadores da Diamond League 2010.

A Diamond League é unha competición de atletismo organizada pola IAAF, que foi creada en 2010 para substituír a Golden League (1998-2009). Trátase dunha competición formada por 14 reunións atléticas, nas que os atletas participantes acumulan puntos na súa proba segundo os resultados acadados en cada reunión. Reunións A seguinte táboa amosa as 14 reunións que compoñen a edición 2012 da Diamond League: DataNomeEstadioCidadePaís11 de maioDoha MeetingEstadio Qatar SCDoha 19 de maio Shanghai Golden Grand Prix Estadio de Shanghai Shanghai 31 de maio Compeed Golden Gala Estadio Olímpico de Roma Roma 2 de xuño Prefontain Classic Hayward Field Eugene 7 de xuño ExxonMobile Bislett Games Bislett Stadion Oslo 9 de xuño Adidas Grand Prix Icahn Stadium Nova York 6 de xullo Meeting Areva Stade de France Saint-Denis 13 e 14 de xullo Aviva London Grand Prix Crystal Palace Sports Centre Londres 20 de xullo Herculis Stade Louis II Mónaco 17 de agosto DN Galan Estadio Olímpico de Estocolmo Estocolmo 23 de agosto Athletissima Stade Olympique de la Pontaise Lausana 26 de agosto Birmingham Grand Prix Birmingham Alexander Stadium Birmingham 30 de agosto Weltklasse Zürich Letzigrund Stadium Zürich 7 de setembro Memorial van Damme Estadio Rei Balduíno Bruxelas Probas Na Diamond League dispútanse 32 probas, 16 masculinas e 16 femininas: Masculinas: 100 metros lisos, 200 metros lisos, 400 metros lisos, 800 metros lisos, 1500 metros lisos, 5000 metros lisos, 3000 metros obstáculos, 110 metros valos, 400 metros valos, salto de lonxitude, salto de altura, salto con pértega, triplo salto, lanzamento de peso, lanzamento de disco e lanzamento de xavelina. Femininas: 100 metros lisos, 200 metros lisos, 400 metros lisos, 800 metros lisos, 1500 metros lisos, 5000 metros lisos, 3000 metros obstáculos, 100 metros valos, 400 metros valos, salto de lonxitude, salto de altura, salto con pértega, triplo salto, lanzamento de peso, lanzamento de disco e lanzamento de xavelina.

Normas

1. Cada proba realízase sete veces en toda a tempada. 2. Os puntos para cada reunión son: 4 puntos para o primeiro clasificado. 2 puntos para o segundo clasificado. 1 punto para o terceiro clasificado. Na derradeira reunión acádanse o dobre de puntos. 3. O atleta que xunte máis punto ó remate da tempada é o gañador absoluto da proba. No caso de empate, o gañador é o que teña sumado máis vitorias, e no caso de que siga o empate, o gañador será o mellor na derradeira reunión. Deste xeito, para ser o gañador absoluto dunha proba é precisa a participación do atleta na derradeira reunión. 4. Na final de cada proba, en cada reunión, os participantes acadarán os seguintes premios: 10.000 $ para o primeiro. 6.000 $ para o segundo. 4.000 $ para o terceiro. 3.000 $ para o cuarto. 2.500 $ para o quinto. 2.000 $ para o sesto. 1.500 $ para o sétimo. 1.000 $ para o oitavo. 5. O gañador absoluto de cada proba acada o Trofeo de Diamante e 40.000 $.

Véxase tamén Outros artigos Diamond League 2012 Diamond League 2011 Diamond League 2010 Golden League IAAF Ligazóns externas Páxina web oficial da Diamond League

Categoría:Competicións de atletismo