Ubaldo Gil Santóstegui, nado en Vigo o 9 de xuño de 1879 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria Exerceu a súa profesión médica en Vigo, en 1913 foi xunto co doutor Nicolás Paz Pardo o primeiro en establecer na cidade un gabinete de raios X. Membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión General de Trabajadores (UGT), foi elixido deputado provincial en 1921, presentándose despois como candidato socialista a deputado ao Congreso nas eleccións de 1923 sen obter escano. Nas eleccións municipais de 1931 foi elixido concelleiro de Vigo, onde chegou a ser tenente de alcalde. miniatura|Ubaldo Gil xunto a Juan Long, Eduardo Minchin e José Ramón Curbera na saída dunha carreira organizada polo Club Velocipedista en 1897. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado á morte, sendo executado no cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, os seus compañeiros de corporación, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e Manuel Rey Gómez."Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en memoria da Coruña

Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Ciclistas de Galicia