O Mikkelin Jukurit ou simplemente Jukurit, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Mikkeli (Finlandia). O club foi fundado en 1970 e dende a tempada 2016-17 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga. Anteriormente competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, onde dende a súa fundación no ano 2000 se mantivo nos postos de cabeza, gañando a competición en cinco ocasións (2001, 2002, 2003, 2006, 2013), quedando segundo en tres (2004, 2007, 2011), e terceiro nunha ocasión (2008). Xoga os seus partidos como local no Kalevankankaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 4.500 espectadores.

Historia O Mikkelin Jukurit foi fundado en 1970. A tempada 1998-99 supuxo un punto de inflexión para o club, cando Matti Turunen se converteu no director executivo e Risto Dufva de Jyväskylä no adestrador xefe. Na tempada 1999–2000 gañou o seu primeiro campionato na recentemente creada Suomi-sarja, e regresando á Mestis tras 20 anos. Cando Jukurit gañou o seu cuarto campionato da liga Mestis en primavera de 2006, Risto Dufva deixou o equipo.

Palmarés 1 Suomi-sarja: 2000 5 Mestis: 2001, 2002, 2003, 2006, 2013

Xogadores Números retirados # 21 Sami Lehmusmetsä (non retirado oficialmente, mais non se utiliza) # 24 Lasse Kanerva

Xogadores destacados Jaakko Suomalainen, Kärpät Tero Leinonen, Ilves Tommi Nikkilä, Tappara Mikko Strömberg, Innsbruck Haie Simo Mälkiä, SaiPa Jukka-Pekka Laamanen, Kärpät Ossi Pellinen, HPK Pentti Matikainen, HIFK Markku Erholtz, HPK Marko Kauppinen, Jokerit Jari Korhonen Tommi Kovanen, HIFK Mikko Mäenpää, HPK Matti Kuusisto, KalPa Risto Dufva, JYP Martti Salminen Kalle Kaijomaa, JYP Juha Salmu, JYP Esa Saksinen, JYP Joni Tuominen, SaiPa Iivo Hokkanen, HPK Tero Koponen, Lukko Reijo Ruotsalainen Erkka Westerlund Juha-Pekka Hytönen, JYP Mika Niemi, JYP Samuli Piiroinen, JYP Olli Sipiläinen, JYP Petri Koskinen, SaiPa Mikko Hakkarainen, SaiPa Lasse Kanerva

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Jukurit