José Signo García, nado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de agosto de 1894 e finado en Córdoba o 29 de maio de 1952, foi un actor e xornalista de orixe galega.
Traxectoria miniatura|175px|José Signo, Luís Casado e Federico Rivas en Bueu, 1927. Fillo do guardés José María Signo Neda e a santiaguesa Concepción García, instalouse en Vigo antes de 1900. Traballou como xornalista en La Concordia e como actor. Foi autor con Ezequiel Moldes de El regalo de un poeta. Paso de comedia, aparecido en 1914.La Región, 20-9-1914, p. 3. Dirixiu a peza satírica La Ráfaga e colaborou co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos xornais Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1924 tivo un xuízo fronte a Alejandro Pérez Lugín pola paternidade da novela La Casa de la Troya.
En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930).La tragedia de Xirobio (José Signo, 1930) , Ficha na web da AAG. Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Codax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Xixón, e do diario Córdoba.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Diáspora galega Ligazóns externas "Xornalista de profesión e dramaturgo e comediante de afección" (13/12/2003) La Voz de Galicia.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados en San Xoán Categoría:Actores de Galicia