La Mañana foi un xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902.
Historia e características Xornal de tendencia conservadora, órgano oficioso de Aureliano Linares Rivas, apareceu en febreiro de 1888. Subtitulado Diario Liberal-Conservador dende 1896. Foron os seus directores Eladio Rodríguez González, Pedro Seoane Varela (1895), Ventura García Rivera (1896), Vicente Pardo Tenreiro e Adolfo Lahorra (1902).Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3. Editábase nos obradoiros do propio xornal. Cesou a súa publicación a finais de xullo de 1902, sendo substituído por Diario de La Coruña.La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1888 en Galicia