Triodos Bank é unha entidade de crédito chamada ética fundada en Holanda en 1980. O nome "Tri Hodos" (en grego), da anfroposofía baseada en tres camiños: persoas, planeta e beneficio. Na actualidade Triodos Bank está presente en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña. Ademais, opera noutros lugares de Europa, América Latina, Asia e África. Triodos Bank forma parte da Alianza Mundial por unha Banca con Valores, que agrupa a 20 entidades de banca ética a nivel internacional.Bancos de la Alianza Global por una Banca con Valores

Historia de Triodos Bank miniatura|Oficina de Triodos Bank na Coruña. A súa aparición como banco veu despois da creación da Fundación Triodos en 1971 como canalizadora de doazóns e préstamos a empresas ata o momento excluídas do sistema financeiro . Os seus fundadores (Adriaan Deking Dura, economista, Dieter Brüll, catedrático de dereito fiscal; Lex Bos, asesor de organización e Rudolf Mees, banqueiro) inspiráronse no pensamento económico do filósofo Rudolf Steiner, fundador da Antroposofia, baseado na triformación social (ou pensamento intuitivo), ao igual que outras institucións de banca ética como GLS Bank, Merkur Bank e La Nef. Así se reflectiu nos estatutos orixinais da entidade ata 1999. Triodos foi crecendo e ampliando o seu enfoque orixinal. Trala súa apertura como entidade de crédito, en 1980, nos Países Baixos, Triodos Bank está presente actualmente tamén en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña.

Resultados económicos Triodos Bank tivo un crecemento estable durante os últimos anosInforme Anual 2010 Informe Anual 2009 . O banco ten abertas oficinas en diversas cidades de España.

Ano 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012Resultados Triodos 2012 Patrimonio total xestionado (millóns de €)1.8232.3022.8213.3143.7414.8615.617 6.7868.000Beneficio Neto (millóns de €)3,65,36,19,010,19,511,517,322,6Número de empregados264301349397477576636720-

En 2012, acadou un total de 437.000 clientes en Europa, 105.000 deles en EspañaTriodos Bank crece en España .

Recoñecementos Ano 2012. Premio empresa social e ambientalmente responsable outorgado pola plataforma “Madera Justa” Premio "100 mellores ideas do ano" que entrega a revista Actualidad económica, na categoría de finanzas pola súa ferramenta online "Historias de una Banca transparente" que permite situar nun mapa interactivo todas as iniciativas que contaron co financiamento do banco e coñecer as historias que hai detrás da man dos seus protagonistas.La transparencia de Triodos Bank una de las 100 mejores ideas del año Ano 2010. Premio FSC International patner Awards.Premio FSC International patner Awards Ano 2010. Premios verdes para o fomento da Alimentación Intelixente da Fundación José Navarro14 Ano 2010 Premio da Asociación para a Defensa da Natureza e dos Recursos de Extremadura (ADENEX) de 2009Premio da Asociación para a Defensa da Natureza e dos Recursos de Extremadura Ano 2010. Premio da Confederación Nacional de Centros Especiasis de Emprego.Premio da Confederación Nacional de Centros Especiasis de Emprego Ano 2010. Premio CANF de Ouro na categoría de empresas CANF-COCEMFE Andalucía.Premio CANF de Ouro Ano 2009. Premio Financial Times ao Banco Sostible do ano 2009.Premio Financial Times ao Banco Sostible 2009 Ano 2009. Premio da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) do 2008.

Polémicas Aínda que Triodos se define como banca ética existen críticas tanto á xestión interna como á imaxe que proxecta. A selección de proxectos a financiar ten creado polémica ao estar baseado nalgúns casos en entidades e organizacións promovidas por membros vinculados á antroposofíaAntroposofía: la secta y su banco (Triodos) . Aínda que o caso máis polémico é o da Fundación Internacional O´Belen de centros de acollida de menores acusada de diversas carencias no seu funcionamento interno¿Qué es la Fundación Internacional O´Belen? Colectivo No a O´Belen. Críticas ás que Triodos Bank respondeu puntualizando que a súa relación con O´Belén é debido a un préstamo anterior ás acusacións.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Banca ética Ligazóns externas Páxina web de Triodos Bank España Triodos Bank no programa Salvados Joan Antoni Melé en RNE Pon tu dinero donde estén tus valores El País, 09/11/2008. Entrevista a Esteban Barroso, Director General de Triodos Bank www.eexcellence.es, abril de 2012. Entrevista a Triodos Bank en El Blog Salmón Descrición Triodos Bank en www.bancaetica.cat Ficha Triodos Bank en Setem Finanzas Éticas

Categoría:Bancos e caixas de aforro