O HCK Salamat é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kirkkonummi (Finlandia). Actualmente compite na III-divisioona, a quinta categoría do hóckey sobre xeo finés, se ben entre o 2003 e o 2008 xogou na segunda categoría, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Varuboden Areena, un pavillón con capacidade para 1.000 espectadores.

Historia O Salamat foi coñecido anteriormente como EPS (Espoon Palloseura). O EPS xogaba na Suomi-sarja, a terceira categoría do hóckey sobre xeo finés. No 2001 o equipo trasladouse de Espoo a Kirkkonummi e mudou o seu nome polo de HC Salamat, ascendendo á segunda categoría ao ano seguinte de adoptar a súa nova denominación.

Denominacións HC Salamat (2002-2009) HCK Salamat (2011-)

Xogadores Xogadores destacados Juuso Akkanen Viktors Bļinovs Jimi Helin Janne Jalasvaara Tomi Karlsson Karo Koivunen Lasse Korhonen Jarno Koskiranta Tero Koskiranta Antti-Pekka Lamberg Tero Lehterä Jan Lundell  Antti Nyrhinen Matti Näätänen Pentti Nöyränen Jermu Porthen Sami Ryhänen Tomas Sinisalo Joni Tuominen Juha Uotila Ville Uusitalo Simo Vehviläinen Hayley Wickenheiser Martin Zajac

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Salamat