A palabra garganta, voz de orixe controvertida (hai autores que a atribúen a unha onomatopea relacionada coa raíz garg- de gargallo, derivada do grego γαργαρίζειν gargarízein, a través do latín gargarizo, -as, -avi, -atum, gargarizare, 'gargarexar', mentres que outros tírana dun baixo latín *garganta, e este do grego γαργαρεόν gargareón, 'úvula'), pode referirse a:

en anatomía e fisioloxía, á garganta ou gorxa, parte anterior do colo ou pescozo, á rexión anatómica interna que corresponde a dita parte, e que comprende desde o veo do padal até o comezo do esófago e a farinxe, popularmente, sinónimo de farinxe. por extensión, á voz humana, usada en expresións como é un cantante de poderosa gargana, en botánica, garganta é porción dun cáliz gamosépalo ou dunha corola gamopétala, onde o tubo comeza a ensancharse, en oceanografía, garganta é a parte máis estreita dun canal, un porto etc., en xeomorfoloxía, garganta é un val encaixado, de vertentes abruptas, sinónimo de foz e tamén de desfiladeiro

Véxase tamén Garganta de Olduvai Garganta de relación, unha forma de relevo do sistema glaciario ou fluvioglaciario, constituída, en xeral, por unha foz estreita e con certa pendente. Garganta profunda, un importante filme pornográfico estadounidense. Garganta profunda, pseudónimo de William Mark Felt, número dous do FBI na época en que se destapou o escándalo Watergate, e que foi o que informou a Bob Woodward sobre a participación do presidente norteamericano Richard Nixon neste escándalo.