O termo conca pode referirse a:
Conca, accidente xeográfico consistente nunha chaira sedimentaria ou nunha superficie deprimidada ou concavidade rodeada de alturas. Conca hidrográfica ou conca de drenaxe, territorio drenado por un único sistema de drenaxe natural. Nela drénanse as augas ao mar, a través dun único río, ou verténdoas a un único lago endorreico (ás veces, a un delta endorreico, como o do río Okavango. Conca endorreica, aquela na que o río ou caudal principal desemboca en lagos, lagoas ou pequenos corpos de auga. Conca arreica, conca cuxas augas non desembocan nin en lagos nin en mares, pois se evaporan ou se infiltran no terreo. Conca exorreica, a que descarga as súas augas no mar. Conca de recepción, parte inferior do leito dun torrente onde se recollen as augas das precipitacións atmosféricas. Conca sedimentaria, depresión que se forma en certas partes das terras emerxidas nas que, á acumulación de sedimentos, segue unha subsidencia ou afundimento dos mesmos. Conca de antepaís, acumulación de sedimentos provenientes dun oróxeno e depositados sobre unha rexión adxacente. Conca de disipación, obra hidráulica está destinada a amortecer e disipar a enerxía cinética da auga. Conca oceánica, depresión no fondo mariño. Conca mineira, zona onde se encontra, e se explota, un xacemento mineral. Conca petrolífera, conca na que se acumulan hidrocarburos, principalmente asfalto, petróleo e gas natural.