Interkosmos 9 (Интеркосмос 9 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 3 e Copernicus 500, foi un satélite artificial soviético lanzado o 19 de abril de 1973 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Interkosmos 9 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-U2-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre.
Interkosmos 9 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1551 km de apoxeo e 202 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 102,2 minutos. Reentrou na atmosfera o 15 de outubro de 1973.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U2-IK Interkosmos 3 Interkosmos 5 Interkosmos 10 Interkosmos 12 Interkosmos 13 Interkosmos 14
Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U2-IK