O Koovee é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que chegou a xogar na máxima categoría. Xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 espectadores.

Durante moitas tempadas xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, primeiro na SM-sarja e posteriormente na SM-liiga, na que permaneceu ata o seu descenso na tempada 1979-80. Os seus mellores resultados tiveron lugar na década de 1960, cando conseguiu o título da SM-sarja (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés na época) en 1968, tres medallas de prata (1959, 1962 e 1964) e dúas de bronce (1960 e 1961), conseguindo unha medalla de bronce máis na SM-liiga (máxima categoría) en 1977.

Historia Primeiros anos miniatura|Primeiro equipo de hóckey sobre xeo do Tampereen Kilpa-Veljet no ano 1945. Dende a esquerda: Reino Moilanen, Aarne Savilahti, Matti Nieminen, Juhani Kari, Pekka Tuominen, Usko Teromaa, Pauli Palanto, Reino Rautanen e Ola Majaranta. O club foi fundado en 1929 como club multidisciplinar, e non foi ata 1944 cando as actividades do equipo mudaron do bandy ao hóckey sobre xeo. No primeiro ano do equipo na nova modalidade a súa actividade centrouse no adestramento, e non foi ata o 8 de marzo de 1945 cando o equipo disputou o seu primeiro partido oficial de hóckey sobre xeo, un encontro da liga local fronte o TBK, que rematou con vitoria do TBK por tres goles a un. O primeiro gol, e único no encontro, do equipo foi obra de Pekka Tuominen.

O TK-V era membro do Sindicato Deportivo dos Traballadores (en finés Työväen Urheiluliitto, abreviado como TUL) e participaba nas súas competicións. A finais da década de 1940, con Harald Roos na presidencia da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, a federación e o TUL comezaron a cooperar e os clubs do sindicato pasaron a competir en ligas organizadas pola federación, o que levou ao TK-V a disputar a Suomi-sarja xunto con outros equipos do sindicato. Con todo, o equipo de Tampere e outros equipos de traballadores tiveron que conformarse novamente con disputar os torneos organizados polo TUL logo da ruptura entre as dúas asociacións.

O club comezou a medrar ata converterse nun equipo popular na cidade xunto co Ilves e o TBK. Ademais a finais da década de 1940 o traballo cos mozos dera xa os seus primeiros froitos logo de que en 1948 o equipo xuvenil conseguira o seu primeiro campionato rexional.

Debut e afianzamento na SM-sarja Cinco anos despois do seu primeiro partido, o equipo de hóckey sobre xeo conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, na que debutou na tempada 1950–51. Este feito fixo que a modalidade se popularizara no club O campionato finlandés estaba daquela organizado en dous grupos, quedando o TK-V encadrado no grupo B xunto co Tarmo de Hämeenlinna, o TBK de Tampere, o Karhu-Kissat e o KIF, estes dous de Helsinqui. O equipo tan só puido sumar un empate e unha vitoria nos oito partidos que disputou e finalizou como pechacancelas do seu grupo, o que motivou o seu descenso de categoría. O xogador máis destacado do equipo no seu debut na SM-sarja foi Reino Rautanen, que sumou un total de 11 puntos nos oito partidos que disputou, con oito goles e tres asistencias, sendo ademais o único xogador do TK-V en superar a decena de puntos.

miniatura|Räshid Hakimsan (Ilves) e Kalevi Pulli (KooVee) durante a tempada 1958-59.

Logo de dúas tempadas afastado da máxima categoría, o TK-V regresou á elite do hóckey sobre xeo finlandés na tempada 1953–54, desta volta encadrado no grupo A. Desta vez o equipo de Tampere conseguiu catro vitorias e outras tantas derrotas para un total de oito puntos que o situaron na terceira posición do seu grupo, manténdose deste xeito unha tempada máis na máxima categoría. A tempada seguinte o equipo mellorou os seus resultados, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición do seu grupo cun rexistro de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas. TK-V xogou a eliminatoria pola medalla de bronce fronte ao HIFK de Helsinqui, mais caeu en ambos encontros (5-4 e 3-9).

Campión finlandés miniatura|O equipo do Koovee campión da SM-sarja en 1968. O maior logro do equipo foi o campionato da SM-sarja conseguido en 1968. Ao final da tempada 1976-77 da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, o KooVee conseguiu a súa derradeira medalla do campionato finlandés.

Ese mesmo ano o Koovee proclamouse campión da Suomen Cup logo de vencer na final ao SaPKo de Savonlinna por 10-2.

Breve paso pola Mestis Na tempada 2006-07 xogou na segunda categoría, a Mestis, descendendo esa mesma tempada á Suomi-sarja.

De novo na terceira categoría En 2015 o club converteuse en osakeyhtiö (abreviado Oy, sociedade por accións), pasando a denominarse Koovee Hockey Oy.

Na tempada 2017-18 o Koovee finalizou a liga regular da Suomi-sarja na sexta posición, clasificándose deste xeito de forma directa para os play-offs. Na primeira rolda o equipo de Tampere enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o FPS de Forssa, ao que derrotou 1-3. Na segunda rolda conseguiu eliminar ao segundo clasificado da liga regular, o Pyry de Nokia en tres partidos (3-0), pasando deste xeito a disputar a promoción á Mestis fronte ao Hermes de Kokkola, penúltimo clasificado de dita competición, caendo en cinco partidos a pesar da vitoria inicial na súa visita ao Kokkolan jäähalli. A pesar da derrota, debido á quebra financeira do Espoo United e á negativa do JHT de Kalajoki a ocupar o lugar do equipo de Espoo, este foi ocupado por Koovee.

De novo na Mestis (2019-2024) O Koovee finalizou a tempada 2023-24 na décima posición na liga regular, o que lle permitiu disputar a primeira rolda dos play-offs, onde caeu contra os Kiekko-Pojat de Joensuu por 2-0.

Declaración de creba Ao finalizar a tempada 2023-24 o comité de licenzas da Mestis non concedeu unha licenza para a tempada 2024-25 ao equipo de Tampere, que viña de finalizar na décima posición a liga regular e caer na primeira rolda dos play-offs. Segundo Mikko Kuparinen, presidente do comité de licenzas, as deficiencias na solicitude do Koovee eran de carácter financeiro, e o club non achegou a información precisa nos prazos estipulados. A situación económica do club encontrábase nunha situación preocupante que o levou a estar baixo a vixilancia da liga, e na primavera un pago importante relacionado coa licenza da Mestis do equipo quedara sen pagar. As perdas do equipo ao final da tempada ascenderan a máis de 250 000 euros. O Koovee estaba endebedado ao longo dos anos, se ben esta débeda fora principalmente co seu propio presidente, que compensara as perdas da empresa cos seus propios cartos, e noutras ocasións o comité de licenzas aceptara solicitudes con pagos pendentes polo alugueiro das pistas de xeo.

Logo dunha semana de silencio dende o club de Tampere despois de non concedérselle a licenza para competir na Mestis, KOOVEE Hockey Oy declarouse en creba. O equipo de Tampere comezou a solicitude de creba o 6 de maio de 2024, Nun comunicado no seu sitio web anunciaba:

Segundo indicou o presidente de KOOVEE Hockey, Janne Virtanen, a decisión de declararse en creba estivo motivada pola negativa por parte da federación de concederlle ao club unha licenza para competir na Mestis. Virtanen consideraba que había xente que quería que o Koovee saíra da liga e das discusións, principalmente relativas ás finanzas dos clubs da Mestis, amosándose crítico respecto da falta de poder da federación na Liiga. De acordo co presidente de KOOVEE Hockey Oy, a federación estaría tomando represalias contra o club polas súas críticas públicas. No mes de novembro de 2023 Virtanen criticara á Liiga nunha entrevista a mtv por ter elevado o prezo das accións da liga ata os 3,8 millóns de euros.

Identidade do equipo Nome O equipo foi fundado co nome Tampereen Kilpa-Veljet, e abreviado como TK-V. En finés o nome da letra "K" dise koo e o da "V" vee, o nome actual do equipo viría da pronunciación do nome do equipo abreviado e sen o nome da cidade.

Pavillón miniatura|Interior de Hakametsä, onde o Koovee xoga os seus partidos como local. O Koovee xogou no mítico estadio de Hakametsä dende a spa inauguración en 1965 ata pouco despois do seu descenso da máxima categoría. Dende o seu ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 persoas e inaugurado en 1974, localizado nas proximidades do estadio de Hakametsä, con capacidade para 7 300 persoas, que foi a casa do equipo e no que continúa a xogar na tempada 2020-21.

A maior entrada rexistrada nun partido como local do Koovee en Hakametsä tivo lugar o 9 de febreiro de 1969, cando 9 951 persoas presenciaron o encontro que o enfrontou ao HIFK de Helsinqui. Pola súa banda, o seu mellor rexistro de asistencia nun partido disputado no estadio de Hakametsä 2 foi o 3 de marzo de 1988 durante un partido fronte ao IkVi de Tampere ante 949 persoas.

Pavillóns empregados por Koovee Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade Outros usos 150px Tampereen jäähalli 1965198819942018 198319901997en uso (ocasional) 7 595 Ilves (1965-)Tappara (1965-) 150px Hakametsä 2 198419901997 19881994en uso 1 050

Personalidades Xogadores Capitáns miniatura|250px|Matti Reunamäki foi capitán do equipo na consecución do campionato finlandés en 1968. O primeiro capitán do equipo foi Matti Reunamäki, quen ocupou o posto entre 1967 e 1968. A continuación todos os capitáns do equipo:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Capitáns (1967-1997) Nome(s) Período Matti Reunamäki 1967-68 Kari Viitalahti 1975-77 Kari ViitalahtiMatti Rautiainen 1977-78 Matti Rautiainen 1978-80 Jari Nieminen 1988-90 Pertti Vuorinen 1990-91 Jarno SuokkoPetri Sullanmaa 1994-95 Jarno Suokko 1995-96 Jari Kanervisto 1996-97 Tomi Tieranta 2003-04 Henri Virta 2005-06 Matti HietakangasHenri Virta 2006-07 </td> Capitáns (2007-) Nome(s) Período Tero Kalela 2007-09 Raine Hartus 2009-10 Tero Kalela 2011-15 Mikko Sulonen 2015-17 Jonne Riekko 2017-18 Ville Lehtonen 2018-19 Mikko PukkaAnton Ollikainen 2019-20 Jesper-Juhani Ilvessuo 2020-21 Jeremi Wehmas 2021-24

Números retirados miniatura|O KOOVEE retirou o número 10 en honor a Heino Pulli, que pendura do teito de Hakametsä xunto coa bandeirola conmemorativa do campionato conquistado polo equipo en 1968. O KOOVEE ten retirado un único número ao longo da súa historia:

Números retirados do KOOVEE NºXogadorPosiciónCarreiraData da retiradaReferencias 10 Heino Pulli D

Adestradores miniatura|Baixo a dirección de Esko Niemi o equipo conquistou o único campionato da súa historia. Dende o seu debut na modalidade en 1945 pasaron polo KOOVEE un bo número de adestradores. O primeiro adestrador do equipo foi Usko Teromaa, que ocupou o posto entre 1945 e 1956. Pola súa parte, o sueco Bengt Lindqvist foi o primeiro adestrador estranxeiro do Koovee. A continuación todos os adestradores do equipo:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Adestradores (1945-1996) Nome Período Usko Teromaa 1945-56 Olavi Santanen 1956-57 Anssi KoskinenPauli Palanto 1957-61 Matti Leppälä 1961-63 Reino Rautanen 1963-65 Bengt Lindqvist 1965-67 Esko Niemi 1967-69 Seppo NikkiläMatti Reunamäki 1969-71 Matti ReunamäkiHeino Pulli 1971-72 Vladimir Jursinov 1972-74 Esko Rantanen 1974-75 Tapio Kauppinen 1975-76 Kaj Matalamäki 1976-79 Pekka Uitus 1979-80 Erkki Suokko 1980-82 Esko Niemi 1982-83 Risto Laine 1984-88 Esko Rantanen 1988-89 Esko RantanenRisto Laine 1989-90 Jarmo Nurmi 1990-1992 Ilpo Myllyniemi 1992-1996