Marquis Devante Teague, nado o 28 de febreiro de 1993 en Indianapolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Hustle da NBA G League.

Instituto Teague foi clasificado coma o 5º mellor xogador por Rivals.com, o 7º mellor por Scout.com, e foi o base mellor valorado da súa promoción. En xullo de 2010, Teague, xunto ó seu futuro compañeiro nos Kentucky Wildcats, Michael Kidd-Gilchrist, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA sub-17 en Hamburgo.

Traxectoria universitaria Teague comprometeuse con Kentucky o 22 de abril de 2010, elixíndoa por delante da Universidade de Louisville entre outras.

No primeiro partido da tempada 2011-12 e o primeiro na súa carreira coma Wildcat, Teague xogou de titular e anotou 16 puntos, con 7 de 12 en tiros anotados. Unha das mellores actuacións de Teague foi contra os Portland Pilots, onde anotou 14 puntos, repartiu 8 asistencias e roubou 4 balóns, sen perder ningún balón. Teague gañou o Campionato Nacional con Kentucky, o oitavo na historia da universidade.

Traxectoria profesional En abril de 2012, Teague declarouse elixible para o Draft da NBA. O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft de 2012 polos Chicago Bulls.

O 21 de xaneiro de 2014, Teague foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Tornike Shengelia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Ironi Nahariya Categoría:Xogadores do BC Avtodor Saratov Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies