A Perfect Getaway é un filme estadounidense dirixido por David Twohy que se estreou no 2009.

Sinopse Cliff e Cydney son unha parella aventureira que está pasando a súa lúa de mel nunha das máis marabillosas e illadas praias de Hawai. Cren ter atopado o paraíso nas súas terras salvaxes e sendeiros solitarios, ata que se atopan cun asustado grupo de excursionistas que falan sobre o horrible asasinato dunha parella de casados nas illas, e comezan a preguntarse se quizais deberían volverse. Indecisos sobre que facer, Cliff e Cydney únense a outras dúas parellas, Nick e Gina e Kale e Cleo, e é cando as cousas comezan a ir de mal a peor. Lonxe da civilización ou de poder ser rescatados, cada un deles empeza a sentirse ameazado, sen saber xa en quen confiar. O paraíso convértese nun inferno terreal onde dá comezo unha batalla brutal pola supervivencia.

Personaxes Steve Zahn como Cliff/Rocky Timothy Olyphant como Nick Milla Jovovich como Cydney Kiele Sanchez como Gina Marley Shelton como Cleo Chris Hemsworth como Kale Anthony Ruivivar como Chronic Dale Dickey como Earth Momma Peter "Navy" Tuiasosopo como Supply Guy Wendy Braun como Debbie Mason

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Twohy Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes ambientados en Hawai Categoría:Filmes sobre asasinos