Carlos Soria Fontán, nado en Ávila o 5 de febreiro de 1939, é un alpinista español.
Está inmerso no reto de ser a persoa de máis idad en alcanzar o cume das 14 montañas máis altas do mundo. É o único alpinista que escalou nove montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos, e é a persoa máis veterana na historia que ascendeu con éxito ao K2 (con 65 anos), Broad Peak (con 68 anos), Makalu (con 69 anos), Gasherbrum I (con 70 anos) e Manaslu (con 71 anos).
Ascensións a oitomiles Nanga Parbat (8.125 m), Paquistán, 1990 Gasherbrum II (8.035 m), China/Paquistán, 1994 Cho Oyu (8.201 m), China/Nepal, 1999 Everest (8.848 m), China/Nepal, 2001 K2 (8.611 m), China/Paquistán, 2004 Shisha Pangma (8.027 m), Tíbet, 2005 Broad Peak (8.047 m), China/Paquistán, 2007 Makalu (8.465 m), China/Nepal, 2008 Gasherbrum I (8.068 m), China/Paquistán, 2009 Manaslu (8.156 m), Nepal, 2010 Lhotse (8.516 m), China/Nepal, 2011
Historial deportivo 11 cumes de máis de 8.000 metros. Persoa de máis idade na historia que fixo cume no K2 (8.611 metros), Broad Peak (8.047 metros), Makalu (8.463 metros), Manaslu (8.163 metros) e Lhotse (8.516 metros) Único alpinista no mundo que escalou nove montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos. Primeira persoa no mundo en facer cume no Dome Khang (7.260 metros). Ascensión aos 7 cumes máis altos dos 7 continentes, reto que culminou con máis de 70 anos: Elbrus (Europa, en 1968), McKinley (América do Norte, en 1971), Aconcagua (América do Sur, en 1986), Everest (Asia, en 2001), Mont Vinson (Antártida, en 2007), Carstensz (Oceanía, en 2010) e Kilimanjaro (África, en 2010).
Véxase tamén Ligazóns externas Facebook oficial de Carlos Soria YouTube oficial de Carlos Soria
Categoría:Alpinistas de España Categoría:Nados en Ávila Categoría:Nados en 1939 Categoría:Escaladores do Everest