Na mitoloxía nórdica, JörðTraducido ao galego como Xord na Diciopedia do século 21 (2007), en Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes e Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. p. 2035. ISBN 9788482893600. (islandés "terra", antigo nórdico jǫrð, anglicizado como Jord ou Jorth; tamén chamado Jarð no antigo nórdico do leste), é unha deidade feminina. É a nai de Thor e a personificación da Terra. Fjörgyn e Hlóðyn son considerados outros nomes para chamar a Jörð.
Etimoloxía Jörð é a palabra común para terra no antigo nórdico, e dela derivan tódalas formas nas linguas escandinavas modernas; islandés jörð, feroés jørð, danés, sueco e noruegués jord."Earth" in Online Etymology Dictionary.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deuses xermánicos
Categoría:Mitoloxía nórdica