Alfonso Senra Bernárdez, nado en Tui en 1877 e finado en Madrid o 10 de decembro de 1951, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Ricardo Senra Fernández. Estudou Dereito e trasladouse a Madrid. Colaborou nos xornais El Imparcial, Diario Universal, La Época e La Nación. Foi deputado na Deputación Provincial de Madrid representando o distrito de Hospital-Congreso, proclamado en sesión celebrada o 3 de maio de 1915Boletín Oficial da provincia de Madrid nº 9.. Subsecretario do Ministerio de Fomento de España, foi tamén Director Xeral de Minas, Metalurxia e Industrias Navais, cesando o 21 de setembro de 1923Edición do sábado, 22 setembro 1923, p. 16 - Hemeroteca - Lavanguardia.es.
Nas eleccións de 1916 foi proclamado deputado polo distrito de Ordes. Nas eleccións de 1918 volveu ser elixido polo mesmo distrito e foi reelixido nas sucesivas eleccións ata 1923.
Avogado da Unión Patriótica, durante a Ditadura de Primo de Rivera foi membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929. Foi vicepresidente primeiro do Ateneo de Madrid de 1926 a 1930Presidentes / El Ateneo / Inicio - Ateneo de Madrid, nomeado por Real Orde de 25 de xuño de 1926 na xunta presidida por José Soto Reguera.
No franquismo foi membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas e asesor da Delegación Nacional de Xustiza e DereitoNecrolóxica. ABC (Madrid) - 11/12/1951, p. 25 - ABC.es Hemeroteca.
Obras Laicismo y neutralidad en los hospitales, 1913. Del 10 de Agosto a la Sala Sexta del Supremo, 1933.
Recoñecementos É fillo predilecto de Ordes dende o 15 de agosto de 1923. A rúa Real de Ordes pasou a chamarse Avenida Alfonso Senra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sentenza do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas de 28 de abril de 1941
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Concelleiros de Madrid