O termo cadea pode facer referencia a:
Obxecto con elos Orixinariamente, a palabra cadea utilizábase para referirse a un obxecto constituído por unha serie de elos ou aneis, xeralmente metálicos, enlazados entre si. Entre as cadeas distínguense varios tipos particulares:
As cadeas para a neve, un sistema que se coloca nas rodas motrices dun vehículo automóbil para que non esvaren cando hai neve na estrada. A cadea de transmisión, mecanismo que serve para transmitir o movemento dun mecanismo a outro, xeralmente a través de engrenaxes. A cadea da áncora, utilizada en náutica para fondear embarcacións.
Sucesión de entes enlazados Por analoxía, tamén se utiliza a palabra cadea para referirse de maneira metafórica a distintas sucesións de entes ou procesos enlazados:
En anatomía, a cadea de osículos é o conxunto de diminutos ósos que se encontran no oído medio. En bioloxía e ecoloxía, a cadea trófica é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición Cadea J é un polipéptido de 137 residuos de aminoácidos, compoñente proteico dos anticorpos IgM e IgA. En alimentación (ou na industria alimentaria), a cadea alimentaria (ou agroalimentaria) é a sucesión de transformacións dos alimentos desde a granxa á mesa. En informática, unha cadea é unha secuencia de símbolos, bloques ou caracteres. Entre elas distínguense especialmente as: cadeas de caracteres, cadea de ferramentas, conxunto de programas informáticos usados para crear un determinado produto. En matemáticas, unha cadea é unha sucesión de elementos. En química, unha cadea carbonada é o conxunto de átomos de carbono ligados entre si nos compostos orgánicos. En xeoloxía e xeografía, unha cadea montañosa ou cordilleira é un conxunto de montañas. A cadea é unha antiga unidade de lonxitude usada para medir terreos. A cadea de mando é a liña de autoridade e responsabilidade por onde pasan as ordes militares ou administrativas. Unha cadea de mensaxes é unha sucesión de mensaxes na cal o receptor debe buscar outro destinatario. Ditas cadeas popularizáronse a raíz da implantación do correo electrónico. No mundo laboral, a cadea produtiva é o conxunto de operacións necesarias para a produción dun ben, a cadea de montaxe é unha forma de produción en que cada traballador ten unha función específica, a cadea de subministración é o conxunto de procesos de intercambio establecidos entre unha organización e os seus provedores ou clientes, a cadea de frío é unha cadea de subministración cuxos procesos se realizan a unhas temperaturas controladas, unha cadea de valor é o modelo que define as actividades dunha organización en función do valor achegado polo cliente, unha cadea hoteleira é un grupo de hoteis pertencentes a unha mesma marca ou a unha mesma empresa, unha cadea de custodia é o seguimento que fai unha organización das súas materias primas para garantir a calidade dos seus produtos.
Outros significados Unha cadea de música é un equipo musical capaz de reproducir son desde distintos medios de almacenamento. En heráldica, unha cadea é a súa representación nun escudo. Unha cadea de televisión é unha rede de distribución para contidos de televisión. A cadea é un sinónimo de prisión, recordando a situación dos antigos prisioneiros, que estaban suxeitos con cadeas (encadeados). A cadea perpetua é unha pena privativa da liberdade de por vida, que se aplica en moitos países. Unha reacción en cadea é un fenómeno onde un incidente ou reacción inicial provoca unha serie de acontecementos, xerando un evento de maior magnitude.
Véxase tamén Cadea alfa das hormonas glicoproteicas Cadea beta Cadea de Markov Cadea de transporte de electróns
de:String en:Chain en:String es:Cadena it:Stringa ja:チェーン nl:Snaar pl:Łańcuch pt:Cadeia