Pablo Díaz Carro, nado na Coruña o 8 de xuño de 1972, é un cantante, guitarrista profesional, compositor, profesor e investigador do folclore tradicional galego.
Traxectoria Diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega. Vida persoal Casou con Olga Kirk, coa que comparte dous fillos tamén metidos no mundo do folclore.
Obras publicadas Traballos individuais Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger. Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz. Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández. Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.
Traballos colectivos O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños, con Olga Kirk, 2012, Deputación da Coruña.
Premios Premio Martín Codax da Música na categoría música infantil en 2014, por Toc Toc.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia