Gerardo Neira Flórez, nado en 1839 e finado na Pobra do Caramiñal o 10 de abril de 1913Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 11-4-1913, p.2, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Neira Torre. Dono do Pazo de Saa en Sadurnín (Cenlle) e do pazo de Brandeso (en Brandeso, Arzúa). Casou con Eugenia Gasset Artime, irmá de Eduardo Gasset Artime. Foi secretario da Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de 1871 substituíndo ao seu cuñado Eduardo Gasset. En 1876 foi elixido polo distrito de Ordes. Foi gobernador civil de Ourense e Subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Foi membro activo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de SantiagoNecrolóxica no Diario de Pontevedra, 12-4-1913, p. 1..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carta aos electores do distrito de Padrón (1871) en Galiciana
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos