Aston Butterworth é un construtor de Fórmula 2 do Reino Unido, durante os anos 1952-3, cando o campionato mundial de pilotos disputabase baixo as regulación da Fórmula 2. Participaron en catro Grandes Premios do Campionato do Mundo.
O proxecto foi promovido por Bill Aston, que decidiu construír un coche de Fórmula 2. O chasis era unha copia dun Cooper de Fórmula 2, equipado cun Motor boxer de 4 cilindros ideado por Archie Butterworth. O coche fixo o seu debut en abril de 1952 na Copa de Lavant en Goodwood,Motor Sport, May 1952, p.232. terminando oitavo con Aston ao volante. En maio, presentaron un segundo coche, pilotado por Robin Montgomerie-Charrington, que alcanzou o mellor resultado do equipo, un terceiro lugar en Chimay en xuño.
No Gran Premio de Alemaña de 1952 retirouse na segunda volta tras sufrir unha perda de presión de aceite.Motor Sport, September 1952, p.425. Aston continuou aparecendo nas carreiras durante a tempada , pero nunca houbo suficiente diñeiro para desenvolver o programa correctamente. Cando se introduciron as novas regulacións da F1 en , Aston-Butterworth deixou de participar.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 Aston NB41 Butterworth F4 Dunlop SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA Bill Aston NP Ret NSC Robin Montgomerie-Charrington Ret
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido